Xa están saíndo as bolsas de lectura de verán da nosa biblioteca: Libros que veñen e van. Non deixedes de ler no verán, hai un mundo de aventuras e diversión agardando por vós tamén nos libros.
Páxinas
▼
xoves, 29 de xuño de 2017
Mateo
Na última semana soubemos que Mateo non estará con nós no Brea Segade no curso que vén. Para facer máis doce a despedida, Mateo trouxonos unha torta de queixo riquísima que papamos enteiriña 😋
Graciñas, Mateo!
Aínda que vas estar moi cerquiña e vas vir de visita, ímoste botar moito de menos. Xa sabes onde estamos, vén sempre que queiras. Bicos. 😘
Despedimos Primeiro
E ao rematar a mañá tamén dixemos adeus a Primeiro. Tod@s estaremos en Segundo a partir de setembro!!! Levámonos un montón de lembranzas deste curso 😀
![]() |
| Último Xornal BBS e bolsiña con sorpresa |
Festa fin de curso: obradoiros
Xa case pasou unha semana desde o día de fin de curso! Aquí vai unha reportaxe do ben que o pasamos ese día. Empezamos polos obradoiros: bolsas pintadas, pulseiras, globoflexia, maquillaxe, karaoke e baile, circúito de deportes, pintura... Para todos os gustos!
mércores, 21 de xuño de 2017
Dobrando papel
Esta semana estamos aprendendo a facer algunhas cousas dobrando papel. Empezamos con barcos que puxemos a navegar.
E seguimos con comecocos sobre animais e as súas características.
E seguimos con comecocos sobre animais e as súas características.
sábado, 10 de xuño de 2017
mércores, 7 de xuño de 2017
Marcapáxinas da Galiña azul
A volta do teatro collemos de novo os nosos libros de A galiña azul e escollemos o conto ou o personaxe que máis nos gustou para ilustrar un marcapáxinas que levar co libro.
Quedaron así de chulos!
Quedaron así de chulos!


















































