Páxinas
▼
domingo, 31 de marzo de 2019
O Leâozinho
Este ano a cultura convidada no Salón do Libro é a lusofonía. Na nosa visita participamos nun obradoiro chamado Eu leo, eu canto no que estivemos cunha contadora e un músico portugueses que nos contaron en portugués historias sobre leóns e outros animais e nos ensinaron esta canción de Caetano Veloso que nos gustou moito. Rematamos o obradoiro tamén facendo un monicreque coa cabeza dun león e cantando xuntos a canción. Aquí a temos 😃
Saída a Pontevedra
Volvemos a Pontevedra! A descubrir todo o que o Salón do Libro argallou ao redor da Revolución e a lectura, a xantar no parque da Xunqueira, a visitar o Museo de Pontevedra, a pasear á beira do Lérez e a xogar no parque da praza de Barcelos. Un día completo no que xogamos, aprendemos, estivemos xunt@s e o pasamos moi, moi ben.
Ah! E vimos a nosa maqueta e os nosos libros na exposición, claro.
xoves, 28 de marzo de 2019
luns, 25 de marzo de 2019
Aniversario de Christian
Onte Christian fixo 10 anos! Hoxe celebrámolo na clase. Trouxo unhas canas de chocolate impresionantes e uns pasteis que estaban boísimos, cantámoslle e turrámoslle das orellas...
Parabens, Christian!
![]() |
| Parabéns para ti... |
![]() |
| Mmmmm! |
Graciñas polos doces! 😋
martes, 19 de marzo de 2019
Revolución Irmandiña
Onte marchou para o Salón do Libro de Pontevedra a nosa maqueta deste ano, cos nosos libros sobre as revolucións. Alí foi a nosa Revolución Irmandiña 😍
Tedes máis información no blog da BBS.
Tedes máis información no blog da BBS.
domingo, 17 de marzo de 2019
Ana Corredoira e Marta Álvarez
mércores, 13 de marzo de 2019
domingo, 10 de marzo de 2019
Mulleres e alimentación
Aquí temos os enlaces para investigar sobre algunhas mulleres que están levando adiante proxectos innovadores no mundo da alimentación. Son só unha pequena mostra da creatividade, a forza e o traballo das mulleres en diferentes sectores económicos.
Marta Álvarez e As Maruxas
Milagros Piñeiro e Milagros González e A Pementeira
Entrade e descubrídeas! Vanvos sorprender.
xoves, 7 de marzo de 2019
mércores, 6 de marzo de 2019
A Revolución
![]() | ||
| XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra |
A palabra revolución ten carisma, especialmente cando non leva apelido. É un termo que nos remite á utopía, á busca dun futuro mellor, á crenza de que outro mundo é posible, e ponnos no camiño da transformación da realidade que desde o Salón cremos que se pode e que se debe facer tamén a través dos libros.
Que así sexa!
Quentamos motores para a nosa cita anual co Salón do Libro de Pontevedra 😍
domingo, 3 de marzo de 2019
Coplas de Entroido
Antes da queima do Toribio 3º botou unhas coplas de Entroido que estiveramos a traballar na clase durante toda a semana.
E faltou gravar a Hugo rematando:
E faltou gravar a Hugo rematando:
Viva o Toribio!
Viva o Entroido!
Despois disto... Adeus Toribio!
![]() |
| Ata o ano que vén! 😞 |
Pizza!
O venres de Entroido a clase de 3º encheuse de anacos de pizza de diferentes sabores e ingredientes, pero todos da marca BreaPizza.
Enchemos a praza de comida, cores e bo humor.
De volta na escola, larpeiradas de Entroido para recuperar forzas da camiñata.
sábado, 2 de marzo de 2019
Día de Rosalía
Na celebración do Día de Rosalía no colexio lemos poemas relacionados co proxecto da biblioteca deste ano, a alimentación. En 3º preparamos Tecín soa a miña tea e Sergio, Diego, Noela, Lola, Laura e Adrián encargáronse de lelo para todos. Fixérono moi ben!
E despois de ler e de escoitar a todos os cursos e os profes recitando... Caldo de Gloria! Que rico estaba!














































