Páxinas

sábado, 27 de abril de 2019

Grazas, madriñas e padriños lectores!

Rematamos abril, o Mes dos Libros, agradecendo aos nosos padriños e madriñas o seus contos e o seu agarimo no apadriñamento que fixemos antes de Semana Santa.











luns, 15 de abril de 2019

Rematamos o 2º trimestre

Rematamos o 2º trimestre por todo o alto, non podía ser doutro xeito, co longo que foi. Asistimos a unha obra de teatro de títeres, As aventuras de Gale, organizada pola BBS, repartíronnos o Xornal BBS deste trimestre e celebramos cun pastel que estes meses foron... guais! 😋

Aquí tedes o último número do Xornal BBS!

domingo, 14 de abril de 2019

Apadriñamento Lector

Entrade no blogue da BBS para ver toda a información sobre o Apadriñamento Lector.



venres, 12 de abril de 2019

Afillados e afilladas lectores


 Así de contentos e contentas volvemos do Apadriñamento Lector da BBS. Que sorte tivemos cos nosos padriños e madriñas lectores! E que ben o pasamos.

xoves, 11 de abril de 2019

Mochila Viaxeira para Sara

Boas lecturas, Sara!

domingo, 7 de abril de 2019

Poemar e pintar o mar

Estamos lendo poesía, Poemar o mar de Antonio García Teijeiro. Este libro foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017, é dicir, foi escollido como o mellor libro para rapaces entre todos os publicados nas distintas linguas oficiais do estado. 
Nós estamos "poemando o mar" e tamén "pintando o mar", coñecendo a obra de Luis Seoane, artista ao que se lle adicou o Día das Artes Galegas este ano.