No colexio conmemoramos o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, elaborando entre tod@s un lazo morado xigante con mensaxes, escritos ou debuxados, en contra da violencia e a favor da igualdade e o respecto ás mulleres e ás diferenzas en xeral.
domingo, 27 de novembro de 2016
25 de novembro
Etiquetas:
coeducación,
creamos,
igualdade
Contando contos
Este venres, en Castelán, inventamos e contamos contos en parellas partindo de dúas palabras. Haiche boa imaxinación en Primeiro e boa labia tamén :-)
Segunda Mochila Viaxeira
Esta semana foi Dani quen se levou para casa a Mochila Viaxeira de 1º cargada de libros, música e unha peli para compartir en familia durante quince días.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Mochilas Viaxeiras
luns, 21 de novembro de 2016
Joan Miró
Este son dous dos materiais que vimos na clase para buscar información e traballar sobre Joan Miró.
Unha biografía resumida:
Un conto inventado que fala dos principais aspectos da obra de Joan Miró:
Unha biografía resumida:
Un conto inventado que fala dos principais aspectos da obra de Joan Miró:
domingo, 20 de novembro de 2016
Avións que xiran
No espectáculo de Kukas Xan perillán compra queixo, compra pan que estivo o sábado pasado no Auditorio de Rianxo aprendimos a facer avións que xiran e tanto nos gustaron que non puidermos resistirnos a facelos na clase.
Os nosos avións que xiran:
E aquí os tedes voando e xirando.
mércores, 16 de novembro de 2016
As nosas Superlúas
O martes despois de falar e ver fotos sobre a Superlúa preparamos a nosa exposción de Superlúas, tal e como nós as vimos ou as imaxinamos.
Tivemos unha axuda especial nesta actividade, un grupo de exalumnos e exalumnas do colexio que agora están en 1º da ESO viñeron de visita e nos botaron unha man. Graciñas!
Mirade que debuxos tan chulos fixemos!
Tivemos unha axuda especial nesta actividade, un grupo de exalumnos e exalumnas do colexio que agora están en 1º da ESO viñeron de visita e nos botaron unha man. Graciñas!
Mirade que debuxos tan chulos fixemos!
Restaurante Farruco
Tivemos unha función de teatro na escola, no Auditorio. A Compañía Pereira de Lobos representou Restaurante Farruco. Gustounos moitísimo!
Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.
Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.
A caixa máxica
Onte lemos na clase o conto A caixa máxica, da Colección os Dereitos do Neno e da Nena. Fala de que os nenos e as nenas teñen dereito a medrar en boas condicións, a ser tratados con agarimo e respecto sempre, incluso cando non se portan demasiado ben.
O conto gustounos moito, pero máis a índa a aparición na clase dunha caixa máxica, a nosa caixa máxica! Viña chea de bolsiñas, unha para cada quen, para soprar dentro e deixar nelas os comportamentos que non nos gustan e que non queremos ter na clase. E así o fixemos!
![]() |
As nosas bolsiñas |
![]() |
pechámolas despois de soprar "malos fumes" dentro delas |
![]() |
Gardámolas na caixa máxica de 1º |
luns, 14 de novembro de 2016
Superlúa
Estes días e máis en concreto hoxe 14 de novembro estam,os a ver un fenómeno coñecido como Superlúa que consiste en que a Lúa, por estar especialmente cerca da Terra se ve máis grande e máis brillante do habitual. Estas son imaxes da Superlúa en Galicia publicadas nas edicións dixitais dalgúns xornais.
![]() |
Superlúa en santiago de Compostela. De "El Correo Gallego" |
![]() |
Superlúa en Muxía. De "Teinteresa.es" |
![]() |
Superlúa na Coruña. De "La Voz de Galicia" |
As mochilas viaxeiras da BBS
As Mochilas Viaxeiras da Biblioteca Brea Segade sorteáronse a semana pasada, unha por clase. En Primeiro tocoulle a Sergio, que a vai ter na súa casa durante dúas semanas. Así de contento marchou con ela... Xa nos contará.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Mochilas Viaxeiras
xoves, 10 de novembro de 2016
Magosto
Tivemos que agardar a que escampara, pero ao final puidemos celebrar o Magosto no colexio. Xogos populares e castañas, que ben o pasamos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)