domingo, 27 de novembro de 2016

25 de novembro

No colexio conmemoramos o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero, elaborando entre tod@s un lazo morado xigante con mensaxes, escritos ou debuxados, en contra da violencia e a favor da igualdade e o respecto ás mulleres e ás diferenzas en xeral.












Contando contos

Este venres, en Castelán, inventamos e contamos contos en parellas partindo de dúas palabras. Haiche boa imaxinación en Primeiro e boa labia tamén :-)








Segunda Mochila Viaxeira

Esta semana foi Dani quen se levou para casa a Mochila Viaxeira de 1º cargada de libros, música e unha peli para compartir en familia durante quince días.

luns, 21 de novembro de 2016

Joan Miró

Este son dous dos materiais que vimos na clase para buscar información e traballar sobre Joan Miró.

Unha biografía resumida:

Un conto inventado que fala dos principais aspectos da obra de Joan Miró:

domingo, 20 de novembro de 2016

Avións que xiran

No espectáculo de Kukas Xan perillán compra queixo, compra pan que estivo o sábado pasado no Auditorio de Rianxo aprendimos a facer avións que xiran e tanto nos gustaron que non puidermos resistirnos a facelos na clase.

Os nosos avións que xiran:










E aquí os tedes voando e xirando.



mércores, 16 de novembro de 2016

As nosas Superlúas

O martes despois de falar e ver fotos sobre a Superlúa preparamos a nosa exposción de Superlúas, tal e como nós as vimos ou as imaxinamos.
Tivemos unha axuda especial nesta actividade, un grupo de exalumnos e exalumnas do colexio que agora están en 1º da ESO viñeron de visita e nos botaron unha man. Graciñas!
Mirade que debuxos tan chulos fixemos!











Restaurante Farruco

Tivemos unha función de teatro na escola, no Auditorio. A Compañía Pereira de Lobos representou Restaurante Farruco. Gustounos moitísimo!
Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.


A caixa máxica

Onte lemos na clase o conto A caixa máxica, da Colección os Dereitos do Neno e da Nena. Fala de que os nenos e as nenas teñen dereito a medrar en boas condicións, a ser tratados con agarimo e respecto sempre,  incluso cando non se portan demasiado ben. 




O conto gustounos moito, pero máis a índa a aparición na clase dunha caixa máxica, a nosa caixa máxica! Viña chea de bolsiñas, unha para cada quen, para soprar dentro e deixar nelas os comportamentos que non nos gustan e que non queremos ter na clase. E así o fixemos!

As nosas bolsiñas


pechámolas despois de soprar "malos fumes" dentro delas


Gardámolas na caixa máxica de 1º



luns, 14 de novembro de 2016

Superlúa

Estes días e máis en concreto hoxe 14 de novembro estam,os a ver un fenómeno coñecido como Superlúa que consiste en que a Lúa, por estar especialmente cerca da Terra se ve máis grande e máis brillante do habitual. Estas son imaxes da Superlúa en Galicia publicadas nas edicións dixitais dalgúns xornais.
Superlúa en santiago de Compostela. De "El Correo Gallego"

Superlúa en Muxía. De "Teinteresa.es"

Superlúa na Coruña. De "La Voz de Galicia"

As mochilas viaxeiras da BBS

As Mochilas Viaxeiras da Biblioteca Brea Segade sorteáronse a semana pasada, unha por clase. En Primeiro tocoulle a Sergio, que a vai ter na súa casa durante dúas semanas. Así de contento marchou con ela... Xa nos contará.


xoves, 10 de novembro de 2016

Magosto

Tivemos que agardar a que escampara, pero ao final puidemos celebrar o Magosto no colexio. Xogos populares e castañas, que ben o pasamos!