venres, 28 de setembro de 2018

Camiñata polo Araño

Saímos de Foxacos ...


Pasamos pola Ermida e a Ferrería sen perder de vista ao río Te.

Os muíños do Cubo







E chegamos ao Pozo Bastón!

Fermoso!!!
Alí merendamos e repuxemos forzas. As tres rapazas da lenda non apareceron 😢




 E xa recuperad@s da primeira parte da camiñata... de volta a Foxacos!


Ben feito!

Sodes uns campións e unhas campionas! 👏👏👏

xoves, 27 de setembro de 2018

Ao encontro do Pozo Bastón

Coma todos os anos, a primeira saída do curso será unha camiñata por algunha zona de interese en Rianxo. Este curso quedámonos no Araño e visitaremos unha das paraxes máis fermosas do noso municipio, o Pozo Bastón.
Sobre o Araño, o río Te, o Pozo Bastón e a súa lenda estivemos traballando nas clases.


domingo, 23 de setembro de 2018

Froita, por favor!

Comezamos o curso e retomamos con forza o noso propósito de tomar froita nos recreos dos martes e xoves. Esta semana ademais da froita que trouxemos da casa atopámonos cunha fonte chea da froita estrela do mes de setembro: as uvas! E que boas están!
Seguiremos probando froitas de tempada ao longo do curso, seguro que atopamos froitas que nos encantan e non nos podemos resitir a papalas! 😋




martes, 18 de setembro de 2018

Concerto da Escola de Musica de Rianxo



Aínda non levamos unha semana de curso e xa tivemos a nosa primeira saída. Estivemos no Auditorio de Rianxo nun concerto dun cuarteto de vento metal da Escola de Música de Rianxo. Houbo moitos instrumentos: unha tuba,dous trombóns e un bombardino. Tocaron música de bandas sonoras: Star Wars, a Pantera Rosa, Frozen... Molou moito!

Ingredientes para cociñar un curso fantástico

Aquí van os nosos ingredientes para este curso:

Con todos eles, na xusta proporción e remexendo ben, non hai fallo💪

Unha eiruga moi larpeira

Traballazo dos dous primeiros días de clase. empezamos ben, terceiro promete! 😊





Uns rapaces e rapazas moi larpeir@s!


mércores, 12 de setembro de 2018

Hora de Ler

Hoxe viñéronnos buscar para baixar recoller unha caixa á entrada da Biblioteca Brea Segade. Estaba chea de libros! Os primeiros libros para a nosa biblioteca de aula deste curso.




Así que a abrimos na clase... E hoxe xa tivemos a nosa primeira Hora de Ler!





Terceiro!

Xa estamos en 3º!

Terceirooo!

 Hoxe comezamos un novo curso, na mesma aula, cos mesmos profes, pero con moitos cambios e novidades, empezando polo horario: xornada única!

Unha eiruga moi larpeira. Eric Carle
Tivemos algunha pista de cal vai ser o tema do proxecto da biblioteca deste curso. Empezamos cun conto que fala dunha eiruga moi larpeira e de moitos alimentos, vimos unha pota enorme no taboleiro da entrada da biblioteca e estivemos falando e anotando ingredientes para "cociñar" un curso fantástico... Isto soa a cociña, alimentos, saúde... Veremos 😉