Amosando publicacións coa etiqueta itinerarios lectores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta itinerarios lectores. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

Poemar e pintar o mar

Estamos lendo poesía, Poemar o mar de Antonio García Teijeiro. Este libro foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017, é dicir, foi escollido como o mellor libro para rapaces entre todos os publicados nas distintas linguas oficiais do estado. 
Nós estamos "poemando o mar" e tamén "pintando o mar", coñecendo a obra de Luis Seoane, artista ao que se lle adicou o Día das Artes Galegas este ano.







domingo, 27 de xaneiro de 2019

Diecisiete cuentos y dos pingüinos

Comezamos a lectura dun novo título do itinerario lector de 3º de Primaria.
Diecisiete cuentos y dos pingüinos de Daniel Nesquens, con ilustracións de Emilio Urberuaga.
Temos ante nós dezaoito relatos curtos que nos ofrecen, con moito humor, a visión que os nenos e nenas teñen do mundo dos adultos/as. Son contos imaxinativos, curiosos, cómicos e absurdos. Diversión asegurada e temas para pensar, falar e escribir tamén. A por eles! 😀

venres, 23 de novembro de 2018

Un tren cargado de misterios

Estamos lendo un novo título dos itinerarios lectores da BBS para 3º. Un tren cargado de misterios de Agustín Fernández Paz cóntanos a aventura que vive Ana, unha nena que sempre quixera viaxar en tren pero nunca puidera facelo, ata que un día...
Veremos que o que pasa. 😉

xoves, 25 de outubro de 2018

No quiero un dragón en mi clase

Rematamos o primeiro libro do itinerario lector de 3º. Cada curso temos unha serie de lecturas propostas pola Biblioteca Brea Segade para ler conxuntamente na aula, son os itinerarios lectores, unha escolma de obras que lemos ao longo da Primaria pola súa calidade e polos valores que transmiten.
Este curso empezamos con No quiero un dragón en mi clase de Violeta Monreal.  Como nos gustaría ter un dragón en 3º!

luns, 23 de abril de 2018

No Día do Libro

Hoxe, no Día do Libro, levamos para casa os nosos paraugas de impresión 3D inspirados en O día que choveu do revés de María Canosa. O mesmo que fixemos co paraugas que lle demos a María, decorámolos ao noso gusto.









domingo, 22 de abril de 2018

¿Quién sabe liberar a un dragón?

Comezamos unha nova lectura en común, un novo titulo do itinerario lector de 2º. ¿Quién sabe liberar a un dragón? de Paloma Sánchez Ibarzábal, publicado na colección El Barco de Vapor da editorial SM. 
Aquí tedes un pequeno adianto do que estamos a ler. En 2º xa hai 15 voluntari@s para liberar ao dragón. 😉

luns, 9 de abril de 2018

Con María Canosa

E chegou o día! Hoxe coñecemos a María Canosa! Lembramos o seu libro, puidemos preguntarlle un montón de cousas e despois adicounos o libro a cada un de nós. Gustounos moito e as adicatorias son moi chulas. Nós démoslle un agasallo, un paraugas colgador feito na biblio na impresora 3D.


O noso agasallo
Asinando

mércores, 4 de abril de 2018

O día que choveu do revés

Nunca tan ben nos cadrou unha historia co que estaba a pasar mentres a liamos. O día que choveu do revés de María Canosa é o libro que estamos a ler neste momento na clase, e parece que foi escrito pensando na chuvia que leva a caer nas últimas semanas. Así que mans á obra, estamos a ler, a aprender sobre vocabulario a chuvia,  a experimentar co ciclo da auga... E a agardar con gans pola visita de María Canosa á nosa biblioteca.





domingo, 28 de xaneiro de 2018

Día da Paz: O homiño de papel

O homiño de papel é a lectura coa que estamos a preparar a nosa participación nos actos do Día da Paz no colexio. Hai seis anos xa, un grupo de rapaces e rapazas do Brea Segade tamén traballaron sobre este libro, que forma parte dos itinerarios lectores da BBS, e elaboraron esta montaxe. Como vedes O homiño de papel non pasa de moda nin perde relevancia co paso dos anos.


mércores, 24 de xaneiro de 2018

O homiño de papel

O homiño de papel de Fernando Alonso é a nosa nova lectura colectiva. 
Aínda que moit@s xa coñecen a historia estámola lendo xuntos nestas datas que celebramos o Día da Paz. O homiño de papel axudaranos a pensar e falar sobre a paz e a non violencia, empezando polo máis cercano: a clase , a escola, a casa , aldea...

domingo, 7 de xaneiro de 2018

O Conde vampiro

O Conde-vampiro de Lino Braxe acompañounos neste Nadal. Forma parte do itinerario lector de Segundo, un paso máis nas nosas lecturas colectivas. Trátase dunha historia de vampiros, pero tamén de amistade e de respecto polas diferenzas. 

mércores, 22 de novembro de 2017

¡Menudos bichos menudos!

Este é o novo libro que estamos a ler conxuntamente na clase. Tamén forma parte dos Itinerarios Lectores da BBS e, desta vez, son relatos breves rimados que teñen de protagonistas a pequenos animais: cempés, arañas, formigas...

domingo, 5 de novembro de 2017

As orixes de Marcopola

O noso segundo libro en conxunto deste curso foi As orixes de Marcopola de Jacobo Fernández Serrano. É a primeira entrega dunha colección en banda deseñada que se titula Marcopola, a illa remeira e forma parte dos Itinerarios Lectores da Biblioteca Brea Segade. 
Gustounos moito a historia e  moito máis aínda, ler cómic.  Haberá que seguir co resto da colección 😉

domingo, 1 de outubro de 2017

Como está o galiñeiro!

Esta foi a nosa primeira lectura colectiva deste curso. Agora andamos ultimando os nosos traballos sobre Uxía, seu pai e as súas galiñas "especiais".