Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

sábado, 7 de abril de 2018

Traballamos sobre o cine

Este é o libro que nos serviu de punto de partida para traballar sobre o cine: 

El mundo del cine forma parte de La Gran Biblioteca de Las Tres Mellizas e ten un conto ambientado na época que se inventou o cine e tamén moita información sobre esa época e como apareceron as primeiras películas, proxectores e sesións de cine. Este libro está na BBS, gustounos moito, recomendámovolo.

E esta a exposición no noso corredor cos carteis orixinais:
 










venres, 6 de abril de 2018

Os inicios do cine

Ao longo do 2º trimestre nas clases de Valores Sociais e Cívicos estivemos traballando nun proxecto sobre os inicios do cine. Vimos algunhas das primeiras películas que se fixeron no século XIX e comezos do XX, traballamos cun libro das Tres Mellizas sobre o cine, preparamos unha exposición con toda a información e ao final fixemos unha presentación escaneando os nosos carteis e escribindo algúns textos no ordenador.

Este foi o resultado:




 Esta semana presentamos o noso traballo aos compañeiros e compañeiras do cole na biblioteca. Viñeron en tres grupos, así que tivemos que repetir a presentación tres veces. A primeira vez estabamos algo nerviosos/as, porque era a primeira vez que falabamos para os maiores presentando un traballo,  pero pouco a pouco fomos collendo confianza 😉







domingo, 11 de marzo de 2018

Mulleres de cine

Neste mes de marzo estamos a investigar en todas as clases sobre mulleres que traballan no mundo do cine. Nós buscamos información sobre tres mulleres galegas: Chelo Loureiro, Emma Lustres e Diana Toucedo. No blog da biblioteca tedes maís información.




domingo, 4 de marzo de 2018

Investigando sobre Alicia

Empezamos cun novo proxecto que dará lugar á nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra deste ano. Mulleres de Conto é o lema e Alicia o centro do noso traballo. Seguiremos contando...






martes, 27 de febreiro de 2018

O lonxano Oeste

Compartimos co resto do colexio os nosos traballos sobre o Lonxano Oeste, o proxecto que desenvolvimos antes do Entroido e que deu lugar aos nosos disfraces. O punto de partida do traballo foron dúas películas do xénero Western: Spirit o cordel indomable e Zafarancho no rancho.








sábado, 17 de febreiro de 2018

Oh Susana! De principio a fin :-)

Grazas a Nuria, a nai de Christian, podemos compartir o vídeo do baile completo, para non perder detalle 😜 Tremenda actuación, bailador@s!

luns, 12 de febreiro de 2018

Oh Susana!

Un anaquiño do noso baile, para ver o ben que o fixemos!

domingo, 11 de febreiro de 2018

venres, 29 de decembro de 2017

Cámaras de cine en 3D

A Biblioteca fíxonos un agasallo na última semana de trimestre, unha cámara feita na impresora 3D. Estivemos vendo como funciona e como se fan os deseños no ordenador e despois recibimos un paquete con cámaras para tod@s. Son para levar na mochila, no estoxo, poñer na árbore de nadal... Gustáronnos moito, son moi chulas!







mércores, 22 de novembro de 2017

Cine 3D

Este martes asistimos a unha sesión de cine 3D na escola. Instalaron unha carpa con forma de cúpula no cuberto que hai no patio e fomos baixando a ver películas sobre astronomía. Nós vimos O robot de cartón e aprendemos moito sobre os planetas do sistema solar. Despois, pola tarde, saímos todos ao patio a facer voar foguetes e a montar un sistema solar vivinte. Foi moi divertido! Agora estamos atraballar na clase sobre estrelas e planetas.

A sala de cine 3D

Entramos!



Preparad@s para a proxección

No obradorio de foguetes e sistema solar
Un foguete
Alá vai!

Sistema Solar "vivinte"