sábado, 28 de outubro de 2017

Xa vén o Samaín

No cole xa se empeza a "respirar" Samaín. Todo listo para recibir as cabazas que empezarán a chegar luns e a froita que convertiremos en merendas monstruosas martes. Mola o Samaín!!

Os nosos esqueletos

venres, 27 de outubro de 2017

Vaqueir@s na biblioteca

Gustounos tanto o cartel deste ano! Xa sabedes, activade a música na esquina inferior esquerda.

Para a Biblioteca Brea Segade

As nosas postais para a BBS na entrada, ambientadas xa para o Samaín. 🎃🎃











Taumatropos

Grazas BBS, gustáronnos moito os taumatropos!






Plantamos

Esta semana plantamos en macetas as nosas gallas de cóleo que xa tiñan as raíces enormes. Agora xa sabemos que tanto por semente como por galla podemos conseguir novas plantas.

Enchemos as macetas de terra e fixemos un burato
Metemos as raíces no burato


Alastamos a terra para fixar as raíces

Regamos


Xogamos :-)

Bo traballo!


mércores, 25 de outubro de 2017

Mochila Viaxeira para Christian

Volveron as Mochilas Viaxeiras da BBS!
Sorteáronse onte e tocoulle empezar a viaxe na casa de Christian Que sorte!
Hoxe ao acabar o recreo tivo que ir buscala. Así de contento marchou ao mediodía para casa.


martes, 24 de outubro de 2017

Día da Biblioteca

Ao longo de toda esta semana estamos a celebrar no colexio o Día da Biblioteca que se conmemora o 24 de outubro. Hoxe empezamos a mañá con música dos Migallas que enlazaran no blog da BBS. Na Hora de Ler chegounos un agasallo da biblioteca, unha carta e o material para construír taumatropos. E claro, nós tamén decidimos corresponder ao agasallo e preparar unhas postais, a BBS ben o merece!
Reconstruíndo a letra da canción dos Migallas





A carta e a caixa

Os encargados da semana len a carta



Preparamos postais para a BBS




Empezando cos Taumatropos



sábado, 21 de outubro de 2017

O corpo

Comezamos a traballar sobre o corpo humano e botamos man dunha canción do álbum Canta connosco dos Migallas, que nos está axudar a aprender os nomes dos ósos mentres cantamos e bailamos.
Aquí tedes unha versión en vídeo feita, xa hai uns anos, por nenos e nenas de 2º de Primaria de Ordes, do CEIP A.D.R. Castelao.



A cantar e bailar!