xoves, 29 de xuño de 2017

Ler no verán

Xa están saíndo as bolsas de lectura de verán da nosa biblioteca: Libros que veñen e van. Non deixedes de ler no verán, hai un mundo de aventuras e diversión agardando por vós tamén nos libros.


Mateo

Na última semana soubemos que Mateo non estará con nós no Brea Segade no curso que vén.  Para facer máis doce a despedida, Mateo trouxonos unha torta de queixo riquísima que papamos enteiriña 😋
Graciñas, Mateo!




Aínda que vas estar moi cerquiña e vas vir de visita, ímoste botar moito de menos. Xa sabes onde estamos, vén sempre que queiras. Bicos. 😘

Despedimos Primeiro

E ao rematar a mañá tamén dixemos adeus a Primeiro. Tod@s estaremos en Segundo a partir de setembro!!! Levámonos un montón de lembranzas deste curso 😀

Último Xornal BBS e bolsiña con sorpresa


Fin de curso: festa da auga

Que ben o pasamos!! 

Festa fin de curso: obradoiros

Xa case pasou unha semana desde o día de fin de curso! Aquí vai unha reportaxe do ben que o pasamos ese día. Empezamos polos obradoiros: bolsas pintadas, pulseiras, globoflexia, maquillaxe, karaoke e baile, circúito de deportes, pintura... Para todos os gustos!

mércores, 21 de xuño de 2017

Dobrando papel

Esta semana estamos aprendendo a facer algunhas cousas dobrando papel. Empezamos con barcos que puxemos a navegar.


E seguimos con comecocos sobre animais e as súas características.


mércores, 7 de xuño de 2017

Marcapáxinas da Galiña azul

A volta do teatro collemos de novo os nosos libros de A galiña azul e escollemos o conto ou o personaxe que máis nos gustou para ilustrar un marcapáxinas que levar co libro.
Quedaron así de chulos!