sábado, 23 de setembro de 2017

Mentres agardamos...

Mentres agardamos e observamos o que pasa coas nosas sementes e as nosas plantas imos atopando información na biblioteca de aula.
 

Experimentando coas plantas

A día antes de rematar o verán iniciamos os noso experimentos con plantas. En grupos de tres imos observar:
- A xerminación dun garavanzo.
- Se da galla dunha planta pode saír unha nova planta.
- Os cambios nunha das árbores da horta ao cambiar as estacións.

Comezamos poñendo unha semente a xerminar nun vaso, entre algodóns humedecidos.









Despois cortamos cinco gallas do noso cóleo,  planta grande que temos na clase, e metémolas en auga.



E agora toca agardar e observar.... 😮



Charlie e a fábrica de chocolate

Estivemos falando sobre a película Charlie a fábrica de chocolate baseada no libro de Roald Dahl e ilustrado por Quentin Blake. Comparamos as ilustracións cos actores e actrices que interpretaron aos personaxes e escollemos cal era o noso favorito. Cos resultados elaboramos unha gráfica na pizarra do corredor. Charlie resultou ser o favorito con diferenza, seguido de Willy Wonka e Veruca.



luns, 18 de setembro de 2017

For the birds

Estes paxaros vannos axudar a falar de ser como somos, de respectar as diferenzas, a maneira de ser e o aspecto de cada quen. Falamos de diversidade e de tolerancia e tamén nos botamos unhas risas.

En marcha...

Pouco a pouco volvemos coller o ritmo, estamos repasando e activando o que xa sabemos para seguir avanzando. Tamén coñecendo aos novos compañeiros no grupo e falando do que fixemos no verán.








Quince máis un

Estes días temos un alumno máis na clase, colousenos e como non molesta deixámolo estar. Somos quince, máis un.


venres, 15 de setembro de 2017

Segundo!

Somos Segundo do CEP Xosé Mª Brea Segade 😀
Empezamos novo curso con novidades no grupo, nos profes, na clase, no cole... O máis importante, empezamos Segundo con moitas ganas de seguir aprendendo e pasándoo ben.