Amosando publicacións coa etiqueta BBS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BBS. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de xuño de 2019

Radio BBS emitindo

Aquí está a nosa última aventura, o programa que preparamos e gravamos no mes de xuño, estreando as "flamantes novas instalacións" da Radio BBS. Queda para o curso que vén aprender a editar e montar, pero vendo o ben que se vos dá ser locutores/as e técnicos/as de son, non hai fallo, ides aprender de contado. Desta vez montamos os profes do equipo de biblioteca. Tivemos que facer unha "trampiña", para que non houbera moita diferenza entre o gravado co equipo do estudo e o da gravadora. A ver se vós notades onde está a trampa, pero non o contedes 😉

Moi bo traballo, fixéstelo tod@s de marabilla. 
Grazas, unha vez máis, Emma e Carmen María.  
Para o curso que vén máis 😀
https://drive.google.com/file/d/1HuP1Rr_f-JpPdSXxKsQPELfWF6tlaB6q/view

                                              Profesións e alimentación

Visitade tamén a entrada no blogue da BBS.

mércores, 19 de xuño de 2019

Seguimos gravando!

Hoxe botamos boa parte da mañá na radio, rematando de gravar o que será o noso primeiro programa para a Radio BBS 😍
Ademais de falar e entrevistar a unha nova convidada, Emma, a nai de Diego, tamén probamos a levar a parte técnica da gravación e descubrimos que temos un bo feixe de técnicos e técnicas de son de primeira categoría! 
Foi moi emocionante e pasámolo moi ben.
Axexando 😉
 

Técnicas de son de toda a vida 😀


Profesionais
Grazas, Emma!

martes, 18 de xuño de 2019

Gravando!

Estamos a rematar o curso, pero non paramos de traballar 😃
Andamos metid@s na gravación dun programa de radio sobre alimentación e traballos relacionados con ela. De momento, despois de recoller a información, preparamos o guión do programa, convidamos a algúns familiares para entrevistalos e comezamos coas primeiras gravacións... Este luns estivo con nós Carmen María; foi a nosa primeira entrevistada. Molou!
Seguiremos contándovos.




Grazas!


martes, 11 de xuño de 2019

Boas noites

Estamos rematando a nosa última lectura colectiva deste curso, Boas noites de Paula Carballeira. É unha obra de teatro protagonizada por Xiana, unha nena que quere ter tempo para xogar... Quen non?
Estamos practicando entoación e rindo moito cos personaxes e situacións ideados por Paula Carballeira. Molaría facela en teatro 😃

venres, 7 de xuño de 2019

Regina na BBS

Esta semana tivemos a sorte de que Regina, a nai de Nerea, viñera lernos un conto e un poema na hora de biblioteca. Convidámola a vir porque é brasileira e queriamos que nos lese algún dos libros portugueses que temos na BBS para ver como de ben soaban co seu acento. E soaron moi ben! 😀
Aproveitamos tamén para preguntarlle algunha cousas sobre Brasil. Molou!


Grazas, Regina!



domingo, 19 de maio de 2019

Visitamos o LIX Rianxo

O mércores 15 estivemos toda a mañá en Rianxo, primeiro no Auditorio e despois na B.P.M. Castelao. No Auditorio asistimos a un espectáculo de Raquel Queizás sobre a 1º muller directora de cinema, Alice Guy e visitamos a exposición de traballos dos centros educativos do concello.


Na biblioteca do LIX

Coa nosa maqueta do cinema
Coa nosa maqueta e libros da Bichería da Ría de Arousa
Xogando na expo
A nosa maqueta de viaxes e medios de transporte
Os nosos traballos de García Teijeiro
Coa nosa maqueta da Revolución
 Antes de ir á B.P.M. Castelao merendamos e xogamos no parque.






Cantándolle o Parabéns a Diego no seu aniversario

martes, 14 de maio de 2019

Con Antonio García Teijeiro

Tiñamos moitas ganas de coñecelo e por fin puidemos facelo: escoitalo falar de poesía e recitar poemas, facernos bromas, escoitarnos recitar poemas os poemas que tiñamos preparados e tamén cantar a nosa canción do Festival das Letras... Gustounos moito estar con Antonio García Teijeiro poemando o mar, os ratos, a lúa...Grazas, Antonio!











Entrade no blogue da BBS para ver más fotos da visita de Antonio García Teijeiro.