Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arte. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

Poemar e pintar o mar

Estamos lendo poesía, Poemar o mar de Antonio García Teijeiro. Este libro foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017, é dicir, foi escollido como o mellor libro para rapaces entre todos os publicados nas distintas linguas oficiais do estado. 
Nós estamos "poemando o mar" e tamén "pintando o mar", coñecendo a obra de Luis Seoane, artista ao que se lle adicou o Día das Artes Galegas este ano.







mércores, 12 de decembro de 2018

Os abanos de Diego

Diego trouxo para ensinarnos unha colección de abanos moi especial, cada un deles ten unha reprodución dun cadro famoso. Son preciosos!










Tantas obras de arte déronnos que pensar e xa temos a cabeza dándolle voltas a un proxecto para a volta do Nadal: cadros, pintores, países...

Grazas, Diego por compartir os abanos da túa familia con nós!

domingo, 15 de abril de 2018

No Museo de Pontevedra

Pola tarde, no Museo de Pontevedra, participamos na actividade "Da paleta ao lenzo", un xeito divertido de aprender sobre pintura.

domingo, 30 de abril de 2017

Maruja Mallo

Ao longo do mes de abril estivemos traballando sobre a pintora Maruja Mallo, descubrindo quen fora e que obra nos deixou. Aquí tedes o resultado do noso traballo, que está exposto na entrada do cole.



 E aquí o proceso:


sábado, 11 de febreiro de 2017

Asia

Aquí tedes o noso recuncho de obras de arte asiáticas. "Visitamos" India, China, Xapón, Arabia Saudí, Irán e Siria.
As nosas favoritas: o Taj Mahal na India, a Muralla chinesa, o santuario de Fushimi Inari e Kinkakuji, o templo do pabillón de ouro, en Xapón.












sábado, 3 de decembro de 2016

Descubrindo a Miró

Rematamos o noso proxecto sobre Joan Miró. Traballamos e aprendemos moito e boa proba diso témola no corredor, diante da nosa clase e tamén nas nosas carpetas e nas nosas conversas :-)








luns, 21 de novembro de 2016

Joan Miró

Este son dous dos materiais que vimos na clase para buscar información e traballar sobre Joan Miró.

Unha biografía resumida:

Un conto inventado que fala dos principais aspectos da obra de Joan Miró:

xoves, 10 de novembro de 2016

No Samaín

 No Samaín fixemos cabazas, arañas, debuxos de meeedo...
Decoramos o noso corredor, ademais da exposición de cabazas da entrada.







sábado, 15 de outubro de 2016

Lecturas para aquelArte

Este é o lema da Biblioteca Brea Segade para este curso:

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=142837


Imos traballar e aprender sobre arte: pintura, escultura, arquitectura, fotografía, cine...
Na nosa primeira visita á biblioteca escoitamos O cadro máis bonito do mundo de Miquel Obiols e empezamos a coñecer a Joan Miró e a cinco manchas frescas e salvaxes.



Na clase quixemos saber máis sobre Miró e a iso andamos...






Seguiremos contándovos.