venres, 22 de febreiro de 2019

Benvido, Toribio!

Xa chegou!!
E xa empezou a mandar... Festa!
Luns, xa sabedes, arremangade o mandil! 😉

xoves, 21 de febreiro de 2019

Está a chegar o Entroido!

Xa empezamos a notar que os primeiros síntomas: deseños, pintura, pinceis, cola, cores, brillos, ganas de festa e de larpeiradas... O Entroido está ás portas e no cole xa empezamos cos preparativos. 
Este curso o tema co que nos disfrazaremos será a alimentación e como tamén estamos a traballar sobre consumo responsable e desenvolvemento sostible, os nosos disfraces estarán feitos de materiais reutilizables e reciclables. As 3R presidirán o Entroido no Brea Segade: 

reducir, reutilizar e reciclar.

E pasalo de medo!











sábado, 16 de febreiro de 2019

La superchef




La Superchef. Porque perseguir tus sueños puede ser muy divertido. Alicia Mas.
Este foi o conto que escollemos para presentar nos recreos lectores da BBS. É unha das novidades que chegaron á biblioteca en xaneiro e gustounos tanto que non nos puidemos resistir 😀

xoves, 14 de febreiro de 2019

Estreamos!

Mañá contaremos conto nos recreos lectores da BBS! Temos todo listo, case, case listo 😉







martes, 12 de febreiro de 2019

Saída á Pobra do Caramiñal

Hoxe pasamos a mañá na Pobra do Caramiñal. Fixemos moitas cousas: visitamos o Museo Valle-Inclán, visitamos o supermercado Gadis e fixemos unha visita guiada á vila, case non paramos, pero estivo moi ben, aprendemos moitas cousas e o pasamos moi ben. Mirade...


Saída Pobra from Brea Segade on Vimeo.

luns, 11 de febreiro de 2019

Aniversario de Adrián

Hoxe é o aniversario de Adrián. 9 anos!!! 🎉🎉

Celebrámolo cunhas tortas de chocolate impresionantes, cantándolle e turrándolle "un pouquiño" das orellas.





PARABENS, ADRIÁN!!! 

Mmmmm!
Rica, rica!

E despois da torta... 😋

Graciñas, Adrián, pola torta e as larpeiradas.

Descubrindo a Valle-Inclán




domingo, 10 de febreiro de 2019

Preparando a visita á Casa Museo Valle-Inclán

Este martes visitaremos a Casa Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal e faremos tamén unha visita guiada pola vila, incidindo nos lugares que teñen maior relación coa vida do escritor. Para preparar a nosa visita enlazamos algunhas páxinas nas que buscar información.