Amosando publicacións coa etiqueta Sociais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sociais. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de xuño de 2019

Saída fin de curso

O venres 14 de xuño 3º e 4º de Primaria fixemos a última saída deste curso. Visitamos o Centro Arqueolóxico da Barbanza, os castros de Neixón, a reitoral de Leiro e o souto de Isorna. Esta saída pretendía poñer en valor o traballo realizado nas aulas, ao longo do curso, ao redor da nosa historia e o noso patrimonio e descubrir a riqueza da nosa comarca. Pretendiamos tamén ter un tempo para convivir e estar xunt@s, nun ambiente diferente ao das aulas e o cole.
Foi un éxito! Todos os obxectivos conseguidos! 😉

Parabéns 3º e 4º, dá gusto saír con vós!


xoves, 13 de xuño de 2019

A miña historia persoal 4

Hoxe rematamos de poñer en común as nosas historias. Moi bo traballo de tod@s, tanto recollendo información como expoñéndoa na clase. Ben feito!













mércores, 12 de xuño de 2019

A miña historia persoal 3

Hoxe presentáronnos a súa historia Adrián, Nerea e Iker. Seguimos coñecéndonos mellor. 😃












martes, 11 de xuño de 2019

A miña historia persoal 2

Hoxe foi a quenda de Sergio, Hugo e Sara. De novo descubrimos cousas deles que non sabiamos. Que ben o estades facendo!









luns, 10 de xuño de 2019

"A miña historia persoal"

Despois de varias semanas de traballo sobre historia, hoxe comezamos a expoñer as "historias persoais" que cada un foi elaborando en forma de libriño, usando fontes orais, gráficas, escritas e materiais. Despois de cada exposición houbo un tempo para preguntas e contar algúns datos que non se incluíron nos libros.Empezamos moi ben e estamos a descubrir cousas que non sabiamos dos compañeiros e compañeiras. 😃
Ao longo da semana exporemos todas as "historias persoais" da clase.

















domingo, 23 de decembro de 2018

O Sistema Solar

Así de impresionante quedou o mural que fixeron Noela, Diego, Laura e Hugo na pizarra do corredor con xiz de cores. Foi na mañá do venres, no tempo de xogo que tivemos ao rematar o festival. Eles decidiron pintar fóra con xiz e cando nos demos conta... Mirade que marabilla!





Artistaz@s!