luns, 29 de outubro de 2018

Aniversario de Nerea

Nerea xa ten oito anos! Outra moza na clase!
Celebrámolo cun riquísimo biscoito caseiro de chocolate, do que non quedou nadiña, cantando e turrandolle a Nerea das orellas. 😉

PARABÉNS, NEREA!

Parabéns para ti!

Ummmmm!

Rico, rico!

 Grazas polo biscoito! Estaba de lamber os bicos 😋

xoves, 25 de outubro de 2018

No quiero un dragón en mi clase

Rematamos o primeiro libro do itinerario lector de 3º. Cada curso temos unha serie de lecturas propostas pola Biblioteca Brea Segade para ler conxuntamente na aula, son os itinerarios lectores, unha escolma de obras que lemos ao longo da Primaria pola súa calidade e polos valores que transmiten.
Este curso empezamos con No quiero un dragón en mi clase de Violeta Monreal.  Como nos gustaría ter un dragón en 3º!

Volven as Mochilas Viaxeiras!

As Mochilas Viaxeiras comezaron viaxe no Día da Biblioteca. A de 3º marchou para o Araño, a casa de Lois. Dúas semanas para gozar dela, Lois, aproveita! 😉


martes, 23 de outubro de 2018

Fame cero 2030

Estivemos lendo, escoitando e reflexionando sobre as propostas da FAO para o Día Mundial da Alimentación. Este é o resultado:




Ola, Teatro do Noroeste!

Despois de ver a obra Animais de Compañía decidimos escribirlle cartas á Compañía Teatro do Noroeste dándolle a nosa opinión sobre o espectáculo. Un sobre ben grande saíu en dirección a Ames 😃









venres, 19 de outubro de 2018

Descubrindo a CDU

Esta semana na biblio comezamos a traballar coa Clasificación Decimal Universal, o sistema de rexistro e catalogación que hai nas bibliotecas en todo o mundo. Imos entender que son esas letras e números que hai nas etiquetas do lombo dos libros da biblio. De momento empezamos cos números e non se nos dá nada mal, xa temos controlado que vai en cada número. Tivemos que guiarnos pola CDU Ilustrada que hai na biblio e polos carteis dos andeis. Seguiremos investigando...









luns, 15 de outubro de 2018

Día Mundial da Alimentación

O 16 de outubro é o Día Mundial da Alimentación. Tod@s nós podemos facer moito para conseguir Fame Cero no 2030. Implícate!

domingo, 14 de outubro de 2018

Experimentos

Un dos ingredientes que boa parte do alumnado de 3º pediu para este curso foron os experimentos. Aquí tedes a presentación do noso primeiro experimento deste curso, unha investigación sobre os efectos do vinagre nos ovos. A presentación tamén foi elaborada polos nenos e nenas de 3º, que están feitos uns científicos e científicas de moito nivel!


venres, 12 de outubro de 2018

mércores, 10 de outubro de 2018

Aniversario de Sergio

Este luns celebramos na clase o aniversario de Sergio, que en realidade foi o sábado. Foi o primeiro aniversario deste curso e celebrámolo como sabemos: cantando, turrando das orellas e papando un doce delicioso!


 PARABÉNS, SERGIO!🎉🎉🎉
 Graciñas polo biscoito! 😋
Parabéns para ti...!

Mmmmmm!
 

martes, 9 de outubro de 2018

Xa non somos animais de compañía!

Outro anaquiño da obra, para ir facendo boca :-)

Xa non somo animais de compañía! from Chiripa on Vimeo.

Animais de compañía

Mañá imos ao teatro!  
Animais de compañía é o título da obra  que veremos este xoves no Auditorio de Rianxo. É un espectáculo da compañía Teatro do Noroeste sobre un texto do dramaturgo galego Eduardo Alonso.

Para ir coñecendo ás protagonistas da historia aquí tedes unha das cancións que escoitaremos mañá na función teatral.

Fedra e Maxa from Chiripa on Vimeo.

sábado, 6 de outubro de 2018

Na biblioteca

Esta semana abriu a BBS!

Xa podemos ir nos recreos e tamén empezar ir coa clase cada semana e levar libros, pelis, música... Este curso será os mércores. O primeiro día descubrimos como facer unha Sopa verde riquísima 😉. Entrade no blogue da BBS para ver máis.