Amosando publicacións coa etiqueta O Araño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Araño. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de setembro de 2018

Camiñata polo Araño

Saímos de Foxacos ...


Pasamos pola Ermida e a Ferrería sen perder de vista ao río Te.

Os muíños do Cubo







E chegamos ao Pozo Bastón!

Fermoso!!!
Alí merendamos e repuxemos forzas. As tres rapazas da lenda non apareceron 😢




 E xa recuperad@s da primeira parte da camiñata... de volta a Foxacos!


Ben feito!

Sodes uns campións e unhas campionas! 👏👏👏

xoves, 27 de setembro de 2018

Ao encontro do Pozo Bastón

Coma todos os anos, a primeira saída do curso será unha camiñata por algunha zona de interese en Rianxo. Este curso quedámonos no Araño e visitaremos unha das paraxes máis fermosas do noso municipio, o Pozo Bastón.
Sobre o Araño, o río Te, o Pozo Bastón e a súa lenda estivemos traballando nas clases.


luns, 25 de decembro de 2017

Cantando as Prosas do Nadal

O 21 de decembro todo o colexio saíu cantar as Prosas do Nadal. Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.

xoves, 12 de outubro de 2017

Imos de camiñata!

Mañá, venres, teremos a nosa primeira saída deste curso. Como xa é tradición, iremos camiñando a descubrir algún dos espazos ben fermosos que ten o noso municipio. Este curso quedamos na casa, subiremos ao Castro Barbudo, que xa había tempo que non o faciamos. Aquí tedes o tríptico informativo que enviamos ás casas o mércores. Lembrade, vide preparad@s: calzado cómodo, mochila pequna, auga, algo para merendar e moitas ganas de pasalo ben!