Este luns asistimos a unha charla da Asociación Callejeros Barbanza organizada pola ANPA do colexio. Faláronnos do seu traballo recollendo animais abandonados e xestionando acollementos e adopcións. Animáronnos a coidar ben as nosas mascotas e escoller a adopción como medio para ter animais na casa. Trouxeron a Laika, unha cadela que está en acollemento cunha das socias de Callejeros Barbanza. Como nos gustou Laika!
Amosando publicacións coa etiqueta animais b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animais b>. Amosar todas as publicacións
martes, 18 de xuño de 2019
domingo, 31 de marzo de 2019
O Leâozinho
Este ano a cultura convidada no Salón do Libro é a lusofonía. Na nosa visita participamos nun obradoiro chamado Eu leo, eu canto no que estivemos cunha contadora e un músico portugueses que nos contaron en portugués historias sobre leóns e outros animais e nos ensinaron esta canción de Caetano Veloso que nos gustou moito. Rematamos o obradoiro tamén facendo un monicreque coa cabeza dun león e cantando xuntos a canción. Aquí a temos 😃
Etiquetas:
animais,
contacontos,
contos,
lusofonía,
música,
Salón do libro de Pontevedra
martes, 9 de outubro de 2018
Xa non somos animais de compañía!
Outro anaquiño da obra, para ir facendo boca :-)
Xa non somo animais de compañía! from Chiripa on Vimeo.
Animais de compañía
Mañá imos ao teatro! Animais de compañía é o título da obra que veremos este xoves no Auditorio de Rianxo. É un espectáculo da compañía Teatro do Noroeste sobre un texto do dramaturgo galego Eduardo Alonso.
Para ir coñecendo ás protagonistas da historia aquí tedes unha das cancións que escoitaremos mañá na función teatral.
Fedra e Maxa from Chiripa on Vimeo.
mércores, 9 de maio de 2018
A festa no faiado
Imos coñecer unha das obras que María Victoria Moreno escribiu para nenos e nenas: A festa no faiado. Traballaremos de novo coas actividades do Seminario Galán.
Etiquetas:
animais,
contos,
lecturas,
Letras Galegas
mércores, 18 de abril de 2018
Falando de réptiles
Levamos unha semana de moitas "prácticas" en Naturais, onte foron ovos chocando e hoxe lagartos. Christian demostrou que está moi, moi interesado no tema dos réptiles 😉. Isto é o que apañou no patio e despois soltou, claro.
![]() |
Temos unha incubadora!
Apareceu esta semana na entrada do colexio, unha caixa cunha luz e dentro... ovos. Si, é unha incubadora que preparou Tino aproveitando diferentes materiais e na que están chocando vinte e catro ovos. Estivemos con Tino para que nos explicara como funciona, que tempo van tardar en saír os pitiños, que eran cada un dos aparellos que veíamos... Explicounos todo ben clariño e puidemos preguntar canto quixemos. Foi unha clase de Naturais ben boa! Que sorte temos! Grazas, Tino!
Agora seguiremos atent@s ao proceso e ao calendario.

Etiquetas:
animais,
incubadora,
naturais
venres, 6 de abril de 2018
Peixes
Branquias, aletas, escamas, ollos, corazón, estómago intestinos, vexiga natatoria.... O mércores á tarde puidemos ver e tocar as diferentes partes dos peixes, porque non hai mellor xeito de entender as cousas novas que véndoas.
Unha dourada, dous xurelos, dous bocartes e luvas para tod@s, para que non dera noxo remexer, porque diso se trataba, de ver e tocar.- Somos como científicos!- dixo Noela.
Claro que si!
Etiquetas:
animais,
experimentamos,
naturais,
peixes
sábado, 20 de xaneiro de 2018
mércores, 22 de novembro de 2017
¡Menudos bichos menudos!
Este é o novo libro que estamos a ler conxuntamente na clase. Tamén forma parte dos Itinerarios Lectores da BBS e, desta vez, son relatos breves rimados que teñen de protagonistas a pequenos animais: cempés, arañas, formigas...
Etiquetas:
animais,
BBS,
biblioteca,
itinerarios lectores,
lecturas,
lemos
luns, 18 de setembro de 2017
Quince máis un
Estes días temos un alumno máis na clase, colousenos e como non molesta deixámolo estar. Somos quince, máis un.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




















