Amosando publicacións coa etiqueta experimentamos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta experimentamos. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Inchando globos

Seguimos experimentando co vinagre e o bicarbonato; temos que aproveitar que nos sobrou! 😉 Esta vez vimos o doado que é inchar globos sen soprar. Iso si, tomamos precaucións, non foran estoupar.





sábado, 15 de decembro de 2018

Mes da ciencia en galego: osiños de gominola

A ciencia é divertida! Unha vez que empezamos a experimentar  non hai parada 😉
Compartimos as anotacións que fixemos do noso segundo experimento no mes de novembro, empregando alimentos.


domingo, 9 de decembro de 2018

Fedellando coa ciencia

Ao longo do mes de novembro asumimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares e estivemos experimentando en galego. Aquí tedes unha primeira mostra de imaxes "en faena", en breve colgaremos os informes.

domingo, 14 de outubro de 2018

Experimentos

Un dos ingredientes que boa parte do alumnado de 3º pediu para este curso foron os experimentos. Aquí tedes a presentación do noso primeiro experimento deste curso, unha investigación sobre os efectos do vinagre nos ovos. A presentación tamén foi elaborada polos nenos e nenas de 3º, que están feitos uns científicos e científicas de moito nivel!


xoves, 31 de maio de 2018

Medindo

Andamos a voltas con quilos, gramos, litros, centilitros e mililitros.





venres, 6 de abril de 2018

Peixes

Branquias, aletas, escamas, ollos, corazón, estómago intestinos, vexiga natatoria.... O mércores á tarde puidemos ver e tocar as diferentes partes dos peixes, porque non hai mellor xeito de entender as cousas novas que véndoas.
Unha dourada, dous xurelos, dous bocartes e luvas para tod@s, para que non dera noxo remexer, porque diso se trataba, de ver e tocar.
- Somos como científicos!- dixo Noela. 
Claro que si!









xoves, 12 de outubro de 2017

As plantas de garavanzos

Chegou o día de pasar á terra as nosas sementes de garavanzo que xa xerminaran. Como, de momento, non imos facer unha leira de garavanzos para o cocido 😉,  pasámolas a macetas con sustrato e deixámolas na horta do colexio, a ver como van. Seguiremos observándoas atentamente. 












Aquí quedan, resgardadas do vento e dos balóns :-)

domingo, 1 de outubro de 2017

Agromando!

Esta semana tivemos novidades nos nosos experimentos:







Xerminaron os garavanzos... 😀






E as gallas están a dar raíces 🎉🎉