Amosando publicacións coa etiqueta naturais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta naturais. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de xaneiro de 2019

Libros con lapelas de Naturais

Rematados! Así de chulos e interesantes quedan os nosos libros con lapelas:












sábado, 19 de xaneiro de 2019

Seres humanos

Como resumo do que traballamos sobre seres vivos e seres humanos no 1º trimestre estamos elaborando uns libros con lapelas, nos que recollemos ordenadamente o que aprendemos. É a primeira vez que facemos "libros con lapelas", gústannos, estamos traballando con ganas e están quedando moi ben.








sábado, 15 de decembro de 2018

Mes da ciencia en galego: osiños de gominola

A ciencia é divertida! Unha vez que empezamos a experimentar  non hai parada 😉
Compartimos as anotacións que fixemos do noso segundo experimento no mes de novembro, empregando alimentos.


mércores, 12 de decembro de 2018

Mes da ciencia en galego: volcáns 4

E rematamos con cinco culleradas de bicarbonato.

Volcán 4 from Brea Segade on Vimeo.

Mes da ciencia en galego: volcáns 3

Este leva tres culleradas e media de bicarbonato.

Volcán 3 from Brea Segade on Vimeo.

Mes da ciencia en galego: volcáns 2

O noso segundo volcán levaba 2 culleradas de bicarbonato.

Volcán 2 from Brea Segade on Vimeo.

Mes da ciencia en galego: volcáns 1

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. A Biblioteca Brea Segade convidounos a experimentar nas clases con produtos relacionados coa alimentación e facelo empregando o método científico. Ao longo das últimas semanas na clase de terceiro estivemos observando, formulando hipóteses, experimentando, recollendo datos e elaborando conclusións. Nun dos nosos experimentos traballamos sobre os volcáns e o que acontece ao mesturar vinagre e bicarbonato. Elaboramos catro maquetas de volcáns e mesturamos o vinagre con diferentes cantidades de bicarbonato. Engadimos pintura para que quedara máis chulo :-) Este foi o primeiro.


Volcán 1 from Brea Segade on Vimeo.

domingo, 14 de outubro de 2018

Experimentos

Un dos ingredientes que boa parte do alumnado de 3º pediu para este curso foron os experimentos. Aquí tedes a presentación do noso primeiro experimento deste curso, unha investigación sobre os efectos do vinagre nos ovos. A presentación tamén foi elaborada polos nenos e nenas de 3º, que están feitos uns científicos e científicas de moito nivel!


mércores, 18 de abril de 2018

Falando de réptiles

Levamos unha semana de moitas "prácticas" en Naturais, onte foron ovos chocando e hoxe lagartos. Christian demostrou que está moi, moi interesado no tema dos réptiles 😉. Isto é o que apañou no patio e despois soltou, claro.




Temos unha incubadora!

Apareceu esta semana na entrada do colexio, unha caixa cunha luz e dentro... ovos. Si, é unha incubadora que preparou Tino aproveitando diferentes materiais e na que están chocando vinte e catro ovos. Estivemos con Tino para que nos explicara como funciona, que tempo van tardar en saír os pitiños, que eran cada un dos aparellos que veíamos... Explicounos todo ben clariño e puidemos preguntar canto quixemos. Foi unha clase de Naturais ben boa! Que sorte temos! Grazas, Tino!
Agora seguiremos atent@s ao proceso e ao calendario.








venres, 6 de abril de 2018

Peixes

Branquias, aletas, escamas, ollos, corazón, estómago intestinos, vexiga natatoria.... O mércores á tarde puidemos ver e tocar as diferentes partes dos peixes, porque non hai mellor xeito de entender as cousas novas que véndoas.
Unha dourada, dous xurelos, dous bocartes e luvas para tod@s, para que non dera noxo remexer, porque diso se trataba, de ver e tocar.
- Somos como científicos!- dixo Noela. 
Claro que si!









sábado, 24 de marzo de 2018

Na tele

O Canal Barbanza cubriu a plantación nas beiras do Té e entrevistou a Noa, Noela, Nerea e Adrián. Mirade que ben o fixeron:

Día dos bosques: plantación na contorna do Té

O mércores 21 participamos nunha plantación de árbores autóctonas organizada polo Concello de Rianxo. Fomos todo o cole e tamén nenos e nenas do CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, e do CEIP Castelao de Rianxo. Estivemos nas marxes do río Té, a carón do polígono industrial e entre todos plantamos máis de 160 árbores: carballos, freixos e castiñeiros. 
 

Día dos bosques

Este foi o tema co que comezamos o Día dos Bosques, preparándonos para a plantación nas beiras do río Té.
Para escoitar a canción preme na imaxe de abaixo ou AQUÍ

 

domingo, 28 de xaneiro de 2018

Murais seres vivos e ecosistemas

Xa os temos listos e expostos no noso corredor, aínda que sobre seres vivos e ecosistemas continuaremos traballando algun tempo máis.



sábado, 20 de xaneiro de 2018

Seres vivos e ecosistemas

Estamos traballando sobre seres vivos e ecosistemas, elaborando murais co que imos aprendendo.







venres, 27 de outubro de 2017

Plantamos

Esta semana plantamos en macetas as nosas gallas de cóleo que xa tiñan as raíces enormes. Agora xa sabemos que tanto por semente como por galla podemos conseguir novas plantas.

Enchemos as macetas de terra e fixemos un burato
Metemos as raíces no burato


Alastamos a terra para fixar as raíces

Regamos


Xogamos :-)

Bo traballo!