Amosando publicacións coa etiqueta colexio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta colexio. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de xuño de 2017

Mateo

Na última semana soubemos que Mateo non estará con nós no Brea Segade no curso que vén.  Para facer máis doce a despedida, Mateo trouxonos unha torta de queixo riquísima que papamos enteiriña 😋
Graciñas, Mateo!




Aínda que vas estar moi cerquiña e vas vir de visita, ímoste botar moito de menos. Xa sabes onde estamos, vén sempre que queiras. Bicos. 😘

Despedimos Primeiro

E ao rematar a mañá tamén dixemos adeus a Primeiro. Tod@s estaremos en Segundo a partir de setembro!!! Levámonos un montón de lembranzas deste curso 😀

Último Xornal BBS e bolsiña con sorpresa


Fin de curso: festa da auga

Que ben o pasamos!! 

sábado, 18 de febreiro de 2017

Ola, Toribio!

Xa estamos no Entroido! Xa chegaron o Toribio e os seus mandados! Este ano temos un Toribio robótico, como non?
Empezamos luns, que ninguén se despiste, tod@s a buscar uns lentes.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Na horta

No cole estamos empezando a plantar na horta, na entrada e tamén nun pequeno invernadoiro que puxeron na horta para que 1º e 2º poidamos cultivarn as nosas plantas e telas protexidas do frío. Esta semana plantamos as nosas primeiras leitugas, agora temos que coidalas, regalas e despois... papalas.  Xa empezamos a pensar nos ingredientes para a ensalada!:-)

O invernadoiro


As leituguiñas






Un feixiño de leitugas


domingo, 9 de outubro de 2016

Xosé Mª Brea Segade

Estamos descubrindo quen foi Xosé Mª Brea Segade, a persoa que lle dá nome ao noso colexio. Xa sabemos que foi un poeta de Taragoña, así que empezamos a coñecer os seus poemas.










xoves, 6 de outubro de 2016

As normas da nosa clase

Estas son as normas que acordamos respectar na clase e no cole para que todo@s esteamos a gusto.









 

domingo, 2 de outubro de 2016

Na aula de informática

Pouco a pouco imos coñecendo os espazos comúns do cole. Esta semana fomos, por primeira vez, á aula de informática, e gustounos... moito.