Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Mochilas Viaxeiras. Amosar todas as publicacións

sábado, 11 de maio de 2019

mércores, 9 de xaneiro de 2019

Mochila Viaxeira para Adrián

Boas lecturas!

Libriño e Breixo no Nadal en Rianxo

Breixo levou a Mochila Viaxeira este Nadal e non tivo ningún problema en
descubrir onde estaba Libriño: vendo as luces e árbore de Nadal no Campo en Rianxo.
E alí foi el tamén a quitar unha foto. Moi ben, Breixo!


domingo, 23 de decembro de 2018

Mochila Viaxeira para Breixo

Boas lecturas de Nadal, Breixo!

Libriño e Hugo con Manuel Antonio

Hugo tivo a Mochila Viaxeira de 3º na casa nas dúas últimas semanas do trimestre. Xa sabedes que este ano Libriño está a visitar diferentes lugares do noso concello e vos pide que descubrades a onde foi. Hugo resolveu o reto de Libriño, aquí o tedes na foto que o proba.
Ben feito, Hugo!



venres, 23 de novembro de 2018

domingo, 11 de novembro de 2018

Mochila Viaxeira para Sergio

Boas lecturas, Sergio!
Non esquezas o reto de Libriño!

Libriño e Lois con Brea Segade

Lois resolveu o reto que Libriño propuxo nas Mochilas Viaxeiras da primeira viaxe.  Aquí o tedes na foto coa solución, Xosé Mª Brea Segade no Paseo Marítimo. Moi ben, Lois! 
A ver se en 3º solucionamos todos os retos de Libriño este curso.


xoves, 25 de outubro de 2018

Volven as Mochilas Viaxeiras!

As Mochilas Viaxeiras comezaron viaxe no Día da Biblioteca. A de 3º marchou para o Araño, a casa de Lois. Dúas semanas para gozar dela, Lois, aproveita! 😉


sábado, 19 de maio de 2018

Mochila Viaxeira para Diego

Despois de moito agardar e coincidindo na semana do seu aniversario, Diego, por fin levou a Mochila Viaxeira! 😃
El pon fin ás viaxes da mochila en 2º, así que a ten que aproveitar a máximo.

Boas lecturas, Diego!


domingo, 13 de maio de 2018

O día do non aniversario

O venres Laura trouxonos unha torta de Santiago que fixo na casa, cunha receita dun dos libros da Mochila Viaxeira. Lembrando a Alicia e ao Sombreireiro Tolo, decidimos celebrar o día do non aniversario e paparnos a torta de améndoa, que estaba: Mmmmmmm, riquísima!

Graciñas, Laura! Encántannos estes agasallos sorpresa 😀



Papámola toda!


sábado, 5 de maio de 2018

Mochila viaxeira para Laura

A primeira Mochila do mes de maio marchou para casa de Laura. É a súa penúltima viaxe. Boas lecturas, Laura!


domingo, 22 de abril de 2018

Mochila Viaxeira para Sergio

Esta semana a nosa Mochila Viaxeira saiu para a casa de Sergio. Xa van quedando moi pouquiñas casas que percorrer, pero moitas ganas de chegar a tod@s.

Boas lecturas, Sergio!