Amosando publicacións coa etiqueta Salón do libro de Pontevedra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Salón do libro de Pontevedra. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

Poemar e pintar o mar

Estamos lendo poesía, Poemar o mar de Antonio García Teijeiro. Este libro foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017, é dicir, foi escollido como o mellor libro para rapaces entre todos os publicados nas distintas linguas oficiais do estado. 
Nós estamos "poemando o mar" e tamén "pintando o mar", coñecendo a obra de Luis Seoane, artista ao que se lle adicou o Día das Artes Galegas este ano.







domingo, 31 de marzo de 2019

O Leâozinho

Este ano a cultura convidada no Salón do Libro é a lusofonía. Na nosa visita participamos nun obradoiro chamado Eu leo, eu canto no que estivemos cunha contadora e un músico portugueses que nos contaron en portugués historias sobre leóns e outros animais e nos ensinaron esta canción de Caetano Veloso que nos gustou moito. Rematamos o obradoiro tamén facendo un monicreque coa cabeza dun león e cantando xuntos a canción. Aquí a temos 😃


Saída a Pontevedra

Volvemos a Pontevedra! A descubrir todo o que o Salón do Libro argallou ao redor da Revolución e a lectura, a xantar no parque da Xunqueira, a visitar o Museo de Pontevedra, a pasear á beira do Lérez e a xogar no parque da praza de Barcelos. Un día completo no que xogamos, aprendemos, estivemos xunt@s e o pasamos moi, moi ben. 
Ah! E vimos a nosa maqueta e os nosos libros na exposición, claro.

 
3º en Pontevedra from Brea Segade on Vimeo.

martes, 19 de marzo de 2019

Revolución Irmandiña

Onte marchou para o Salón do Libro de Pontevedra a nosa maqueta deste ano, cos nosos libros sobre as revolucións. Alí foi a nosa Revolución Irmandiña 😍
Tedes máis información no blog da BBS.



mércores, 6 de marzo de 2019

A Revolución

XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


A palabra revolución ten carisma, especialmente cando non leva apelido. É un termo que nos remite á utopía, á busca dun futuro mellor, á crenza de que outro mundo é posible, e ponnos no camiño da transformación da realidade que desde o Salón cremos que se pode e que se debe facer tamén a través dos libros. Que así sexa!

Quentamos motores para a nosa cita anual co Salón do Libro de Pontevedra 😍

luns, 23 de abril de 2018

A saída a Pontevedra en banda deseñada

Estivemos preparando resumes en banda deseñada sobre a nosa saída a Pontevedra  para visitar o Salón do Libro e o Museo. Cada un de nós escolleu o que máis lle gustou do día e plasmouno en forma de cómic. 









domingo, 15 de abril de 2018

martes, 27 de marzo de 2018

Mulleres de conto e de película

A nosa maqueta para o Salón do Libro xa está en Pontevedra. Despois de semanas de traballo na maqueta e nos libros, de ler, ver pelis e aprender moito sobre algunhas mulleres de conto  e de película, mandamos a nosa cámara e os catro libros ao Salón. Teremos que agardar ata o día 10 de abril que será cando visitemos co colexio o Salón do Libro de Pontevedra, ou ir coas familias desde o día 6 de abril , que abre o Salón.
Para ver máis sobre a despedida da maqueta e os libros entrade no blog da BBS.

Traballo feito!


 

domingo, 4 de marzo de 2018

Investigando sobre Alicia

Empezamos cun novo proxecto que dará lugar á nosa participación no Salón do Libro de Pontevedra deste ano. Mulleres de Conto é o lema e Alicia o centro do noso traballo. Seguiremos contando...






xoves, 16 de marzo de 2017

No Salón do Libro

A visita ao Salón do Libro ben merece unha reportaxe propia :-)


Saída a Pontevedra

Aquí vai a primeira reportaxe fotográfica da saída do mércores.Comezamos a mañá descubrindo o casco vello da cidade coa axuda dun plano e asegurándonos de quitar unha foto de grupo en cada un dos lugares que viñan marcados. Comemos no parque da Xunqueira e pola tarde visitamos o Museo de Pontevedra, en concreto as salas de arqueoloxía e a sala Castelao. 

domingo, 5 de marzo de 2017

O mundo que queremos

O vindeiro 10 de marzo abrirá as súas portas o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra co lema "O mundo que queremos"




O noso colexio participa como centro convidado, cunha maqueta que leva seis libros elaborados polas seis clases do centro, nos que falamos de como nos gustaría que fose o mundo. O venres despedímonos da maqueta antes de levala para Pontevedra. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa da despedida.

http://www.blogoteca.com/bbs/index.php?cod=145026


O tesouro da nosa fala

"O tesouro da nosa fala" é o título do libro que a clase de 1º elaborou para a maqueta que o noso colexio levará este ano ao Salón do Libro de Pontevedra. Foron semanas de moito traballo; recollendo información das familias, escolléndoa, preparando as ilustracións e os textos, decorando... pero estamos content@s, gustounos o traballo e gustounos moito como quedou.

 Elaborando o libro

 





Feito!


Pintando para a maqueta