domingo, 26 de febreiro de 2017

Adeus, Toribio!

No cole despedímonos do Entroido e do Toribio o venres, dando paso ao Entroido nas vosas aldeas e parroquias.
O Toribio, que tan ben nolo fixo pasar nestes días que estivo con nós, foi despedido con todos os honores, choros, berros e LUME!!

Bo Entroido para tod@s!
















Adeus, Toribio!

Orellas e filloas ata rebentar!

No Entroido, no Entroido, no Entroido 
imos papar,
orellas e filloas ata rebentar.

Que ben escolleu Primeiro as letras para a súa canción! Mirade o festín que agardaba por nós no cole.
Graciñas, familias, por coidarnos tan ben e mandar uns doces de lamber os dedos.







 

Viva o Entroido!!!!

Chegou o día máis desexado, o venres de Entroido. Que ben o pasamos! Aquí tedes a mañá en imaxes.

Os preparativos e retoques finais:










Xuntanza robótica









Saímos de pasarrúas detrás da 
Charanga Brea Segade



A fantástica Charanga Brea Segade




Chegamos a Campo de Pazos e cantamos 
as nosas coplas de Entroido











sábado, 25 de febreiro de 2017

Mochila Viaxeira para Sara

Esta semana aínda que nos recreos estivemos de Entroido tamén se sortearon as Mochilas Viaxeiras e desta vez tocoulle a Sara. Tes uns días libre para aproveitala ben, Sara, que che guste moito!


xoves, 23 de febreiro de 2017

Con zapatos desparellados

E  así apareceron o xoves os nosos pés:

Lío de pés

Lentes, sombreiros, orellas, pixamas, peluches, coxíns, zapatos desparellados... Xa estamos list@s para o gran día: o venres de Entroido!

O Tempo dos Xogos

Con pixama, lentes e sombreiros marchamos para o Auditorio de Rianxo ao concerto O Tempo dos Xogos. É tempo de Entroido, de cantar e bailar, e xusto iso foi o que fixemos, sen parar! Que ben o pasamos!



Adrián en acción coa caixa chinesa

Gustoulle, quedaba de boa gana no escenario :-)

A durmir na escola!


Así empezamos o mércores, en pixama e durmir!

Pouco durou, o pixama si pero o resto... 
 :-)