Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta contos. Amosar todas as publicacións

venres, 7 de xuño de 2019

Regina na BBS

Esta semana tivemos a sorte de que Regina, a nai de Nerea, viñera lernos un conto e un poema na hora de biblioteca. Convidámola a vir porque é brasileira e queriamos que nos lese algún dos libros portugueses que temos na BBS para ver como de ben soaban co seu acento. E soaron moi ben! 😀
Aproveitamos tamén para preguntarlle algunha cousas sobre Brasil. Molou!


Grazas, Regina!



domingo, 31 de marzo de 2019

O Leâozinho

Este ano a cultura convidada no Salón do Libro é a lusofonía. Na nosa visita participamos nun obradoiro chamado Eu leo, eu canto no que estivemos cunha contadora e un músico portugueses que nos contaron en portugués historias sobre leóns e outros animais e nos ensinaron esta canción de Caetano Veloso que nos gustou moito. Rematamos o obradoiro tamén facendo un monicreque coa cabeza dun león e cantando xuntos a canción. Aquí a temos 😃


sábado, 16 de febreiro de 2019

La superchef




La Superchef. Porque perseguir tus sueños puede ser muy divertido. Alicia Mas.
Este foi o conto que escollemos para presentar nos recreos lectores da BBS. É unha das novidades que chegaron á biblioteca en xaneiro e gustounos tanto que non nos puidemos resistir 😀

xoves, 14 de febreiro de 2019

Estreamos!

Mañá contaremos conto nos recreos lectores da BBS! Temos todo listo, case, case listo 😉







xoves, 7 de febreiro de 2019

sábado, 15 de decembro de 2018

A casa da mosca chosca

Este mércores tivemos unha sorpresa na Hora de Ler. Á volta do recreo a nosa clase estaba convertida nun pequeno teatro e un grupo de rapazas e un rapaz de 6º representaron para nós A casa da mosca chosca. Eran axudantes da BBS dentro do programa Lecturas compartidas.  Encantounos! Aínda máis cando vimos o que tiñan para nós ao final do conto. 😋








O pastel era de verdade!

E convidáronnos a comelo!
 Grazas: Julia, Gabi, Carlota, Paula, Uxía Lojo, Uxía Lorenzo e Marta. 😍

sábado, 6 de outubro de 2018

Na biblioteca

Esta semana abriu a BBS!

Xa podemos ir nos recreos e tamén empezar ir coa clase cada semana e levar libros, pelis, música... Este curso será os mércores. O primeiro día descubrimos como facer unha Sopa verde riquísima 😉. Entrade no blogue da BBS para ver máis.


luns, 14 de maio de 2018

Contacontos no Auditorio de Rianxo: Mª Victoria Moreno

Este luns estivemos no Auditorio de Rianxo, nunha sesión de contos sobre a obra de Mª Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Seguimos descubrindo pouco a pouco a súa vida e a súa obra; que mellor xeito que facelo coa axuda dunha contadora que enfiou varias das historias máis coñecidas de María Victoria Moreno.
Para saber máis sobre este espectáculo entrade no blogue da biblioteca.


mércores, 9 de maio de 2018

A festa no faiado

Imos coñecer unha das obras que María Victoria Moreno escribiu para nenos e nenas: A festa no faiado. Traballaremos de novo coas actividades do Seminario Galán.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/379

martes, 8 de maio de 2018

Rebeca e Sheila nos contacontos da BBS

Onte Rebeca, a nai de Breixo, e Sheila, a nai de Claudia, estiveron contando un conto na BBS. Contaronnos Max e Lea, un conto cun Tyrannosaurus Rex como protagonista. Estiveron xenial!
Para saber máis sobre como foi visitade o blogue da biblioteca



luns, 23 de abril de 2018

Nuria e Christian nos contacontos da BBS

Hoxe Christian e a súa nai, Nuria, estiveron contando un conto nos recreos lectores da BBS. Entrade na páxina da biblio para ver como foi.

http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/2018/04/na-bbs-tods-contamos-nuria-e-christian.html

domingo, 22 de abril de 2018

Os libros da titiriteira

Este venres tivemos unha visita especial na nosa biblioteca, unha titiriteira cuns libros moi grandes e moi pesados que cobraban vida. Entrade no blogue da biblioteca para ver a reportaxe completa.



domingo, 21 de xaneiro de 2018

Lecturas compartidas

Na Hora de Ler do venres os compañeiros e compañeiras de 6º compartiron lecturas con nós. Viñéronnos buscar a clase e despois de rerpartirnos en parellas pola biblioteca, ludoteca e entrada, léronnos un conto. Molou moito!
Entrade no blog da BBS para ver a reportaxe completa.

http://bibliobreasegade.blogspot.com.es/2018/01/lecturas-compartidas.html

martes, 26 de decembro de 2017

Animais de Compañía

Na última semana de trimestre contamos Animais de Compañía de Manuel Lourenzo nos contacontos dos recreos da BBS. Foi unha versión para Kamishibai que elaboramos nas clases de Valores Sociais e Cívicos.

Animais de compañía from Brea Segade on Vimeo.

xoves, 12 de outubro de 2017

Somos meniños e meniñas de libros

O noso primeiro día na biblioteca escoitamos A meniña de Libros de Oliver Jeffers e Sam Winston. Propuxéronnos ser nós tamén meniñ@s de libros e non o dubidamos.
Aquí estamos, entre libros xigantes.

Para saber máis sobre os primeiroso días de volta na BBS entrade AQUÍ e AQUÍ.


domingo, 4 de xuño de 2017

A galiña azul

Seguimos lendo a obra de Carlos Casares e gozando moito cos seus personaxes e as súas historias.  Deixamos a máis coñecida para o final:
 A galiña azul 
Pero tiñamos un bo motivo, o martes que vén iremos ao Auditorio de Rianxo e veremos a adaptación teatral de A Galiña azul pola compañía Ubú Teatro. Que sorte temos!

venres, 14 de abril de 2017

Día do Libro Infantil

O 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a Biblioteca Brea Segade organizou toda unha tarde de actividades na última semana de trimestre para celebralo. Empezamos no auditorio do colexio coa lectura do manifesto e vendo unhas curstas de animación. Despois fomos para clase a agardar por os nosos padriños e madriñas lectores que nos viñeron buscar para levarnos con eles primeiro ao patio e logo á biblioteca. Recibimos a lectura dun conto e unha postal como agasallo e despois estivemos xuntos preparando marcapáxinas e un mural. Gustounos moito o apadriñamento lector!

Entrade no blogue da biblioteca para ver as reportaxes completas:
Agardando polos nosos padriños e madriñas. Que nervios!
 Algúns apadriñamentos e amadriñamentos:






Para agradecer aos nosos padriños e madriñas os seus agasallos nós tamén preparamos postais que lles entregamos ao día seguinte.


domingo, 2 de abril de 2017

Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe, 2 de abril, é o Día Internacional do Libro Infantil. Cada ano celébrase o día cun cartel e un manifesto elaborados por escritor@s e ilustrador@s dun país. Este ano foi Rusia o país encargado e o lema escollido é especialmente atinado:

Medremos co libro!


Feliz Día do Libro Infantil!
 Que tod@s medremos cos libros :-)

martes, 28 de marzo de 2017

Os Bolechas van ao parque de atraccións

Dani e María, a súa nai, contaron hoxe un conto nos recreos lectores da Biblioteca Brea Segade. Era a primeira vez que unha familia de 1º participaba nos contacontos e estiveron, moi, moi ben.
Mirade a reportaxe no blogue da BBS.



martes, 21 de marzo de 2017

A frautista de Hamelin

Como non ían seguila os ratos? Soando como soa...


Hoxe estivemos no Auditorio escoitando a historia musicada de A frautista de Hamelin. Como nos gustou! A música e o conto. Tratábase dunha actividade proposta pola Escola de Música de Rianxo que contou con cinco músicos da banda e Tero Rodríguez como narradora. Para saber máis entrade no blogue da biblioteca.

Saxo tenor

Clarinete