Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta saídas. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de xuño de 2019

Saída fin de curso

O venres 14 de xuño 3º e 4º de Primaria fixemos a última saída deste curso. Visitamos o Centro Arqueolóxico da Barbanza, os castros de Neixón, a reitoral de Leiro e o souto de Isorna. Esta saída pretendía poñer en valor o traballo realizado nas aulas, ao longo do curso, ao redor da nosa historia e o noso patrimonio e descubrir a riqueza da nosa comarca. Pretendiamos tamén ter un tempo para convivir e estar xunt@s, nun ambiente diferente ao das aulas e o cole.
Foi un éxito! Todos os obxectivos conseguidos! 😉

Parabéns 3º e 4º, dá gusto saír con vós!


domingo, 19 de maio de 2019

Castelao no LIX Rianxo

O xoves 16 fomos a un espectáculo sobre o libro Periplo Atlántico no LIX Rianxo. É unha historia baseada nun relato de Castelao, que nos contaron e ilustraron o grupo Polo correo do vento. Estivo moi ben e ao rematar aprendéronos a debuxar ao protagonista da historia, o pingüín Panchito.





Agardando...

Agardando antes de entrar na B.P.M. Castelao. 😆😆




Na B.P.M. Castelao

 Sofía, a bibliotecaria municipal, ensinounos a B.P.M. Castelao e unha exposición de libros portugueses que teñen estes días, coincidindo co LIX Rianxo.



Fixemos un xogo coas portadas dos libros portugueses e escollemos os que nos gustaría levar en préstamo para a escola.







Graciñas, Sofía, encantounos a biblioteca!

Visitamos o LIX Rianxo

O mércores 15 estivemos toda a mañá en Rianxo, primeiro no Auditorio e despois na B.P.M. Castelao. No Auditorio asistimos a un espectáculo de Raquel Queizás sobre a 1º muller directora de cinema, Alice Guy e visitamos a exposición de traballos dos centros educativos do concello.


Na biblioteca do LIX

Coa nosa maqueta do cinema
Coa nosa maqueta e libros da Bichería da Ría de Arousa
Xogando na expo
A nosa maqueta de viaxes e medios de transporte
Os nosos traballos de García Teijeiro
Coa nosa maqueta da Revolución
 Antes de ir á B.P.M. Castelao merendamos e xogamos no parque.






Cantándolle o Parabéns a Diego no seu aniversario

domingo, 31 de marzo de 2019

Saída a Pontevedra

Volvemos a Pontevedra! A descubrir todo o que o Salón do Libro argallou ao redor da Revolución e a lectura, a xantar no parque da Xunqueira, a visitar o Museo de Pontevedra, a pasear á beira do Lérez e a xogar no parque da praza de Barcelos. Un día completo no que xogamos, aprendemos, estivemos xunt@s e o pasamos moi, moi ben. 
Ah! E vimos a nosa maqueta e os nosos libros na exposición, claro.

 
3º en Pontevedra from Brea Segade on Vimeo.

martes, 12 de febreiro de 2019

Saída á Pobra do Caramiñal

Hoxe pasamos a mañá na Pobra do Caramiñal. Fixemos moitas cousas: visitamos o Museo Valle-Inclán, visitamos o supermercado Gadis e fixemos unha visita guiada á vila, case non paramos, pero estivo moi ben, aprendemos moitas cousas e o pasamos moi ben. Mirade...


Saída Pobra from Brea Segade on Vimeo.

domingo, 10 de febreiro de 2019

Preparando a visita á Casa Museo Valle-Inclán

Este martes visitaremos a Casa Museo Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal e faremos tamén unha visita guiada pola vila, incidindo nos lugares que teñen maior relación coa vida do escritor. Para preparar a nosa visita enlazamos algunhas páxinas nas que buscar información.



venres, 12 de outubro de 2018

martes, 9 de outubro de 2018

Xa non somos animais de compañía!

Outro anaquiño da obra, para ir facendo boca :-)

Xa non somo animais de compañía! from Chiripa on Vimeo.

Animais de compañía

Mañá imos ao teatro!  
Animais de compañía é o título da obra  que veremos este xoves no Auditorio de Rianxo. É un espectáculo da compañía Teatro do Noroeste sobre un texto do dramaturgo galego Eduardo Alonso.

Para ir coñecendo ás protagonistas da historia aquí tedes unha das cancións que escoitaremos mañá na función teatral.

Fedra e Maxa from Chiripa on Vimeo.

venres, 28 de setembro de 2018

Camiñata polo Araño

Saímos de Foxacos ...


Pasamos pola Ermida e a Ferrería sen perder de vista ao río Te.

Os muíños do Cubo







E chegamos ao Pozo Bastón!

Fermoso!!!
Alí merendamos e repuxemos forzas. As tres rapazas da lenda non apareceron 😢




 E xa recuperad@s da primeira parte da camiñata... de volta a Foxacos!


Ben feito!

Sodes uns campións e unhas campionas! 👏👏👏