Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Magosto. Amosar todas as publicacións

mércores, 7 de novembro de 2018

Magosto

Hoxe saíu o sol para que puideramos celebrar o magosto! 👏👏👏👏
Despois da Hora de Ler fomos visitar a plantación de castiñeiros e carballos que hai uns anos fixeran en Campo Maneiro nenos e nenas do noso colexio coa Comunidade de Montes e o Concello. Hai pouco o colectivo Fousas ao Monte  limpou esa zona e vimos como medraron as árbores nestes anos. 






O Brea Segade no Campo Maneiro


E de volta ao colexio xogos no patio e papar as castañas, claro! 😃













xoves, 16 de novembro de 2017

Fogo Nicolás

Na banda de alá do río ten meu pai un castiñeiro... Tempo de Magosto, tempo de festa.😀

Polo San Martiño, trompos ao camiño

Estamos no tempo das castañas, dos Magostos e... dos trompos! Levabamos tempo sen velos pola escola, aínda que si están os seus "parentes modernos", os BeyBlade e os Spinners. Algo tiñamos que facer para remedialo, así que na tarde do mércores tivemos un "obradoiro de iniciación aos trompos tradicionais" para o que contamos coa axuda de Bernal, un experto bailador de trompos. Estivemos atent@s ás súas explicacións e trucos. Teremos que seguir practicando, pero xa imos encamiñad@s e mola moito velos bailar.  
Graciñas, Bernal!





xoves, 10 de novembro de 2016

Magosto

Tivemos que agardar a que escampara, pero ao final puidemos celebrar o Magosto no colexio. Xogos populares e castañas, que ben o pasamos!