Hoxe saíu o sol para que puideramos celebrar o magosto! 👏👏👏👏
Despois da Hora de Ler fomos visitar a plantación de castiñeiros e carballos que hai uns anos fixeran en Campo Maneiro nenos e nenas do noso colexio coa Comunidade de Montes e o Concello. Hai pouco o colectivo Fousas ao Monte limpou esa zona e vimos como medraron as árbores nestes anos.
O Brea Segade no Campo Maneiro |
E de volta ao colexio xogos no patio e papar as castañas, claro! 😃
Ningún comentario:
Publicar un comentario