Esta semana traballamos na escola sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia sobre a Muller, que se celebra o 25 de novembro, e sobre a campaña Rianxo en Negro organizada polo Concello de Rianxo para mostrar que queremos ser un municipio libre de violencias machistas. Lemos contos, falamos, elaboramos carteis, aprendemos unha canción, creamos montaxes en Stop Motion...
Hoxe foi o acto central da campaña Rianxo en negro nos centros educativos do municipio. Non puidemos xuntarnos porque chovía, así que cada colexio realizou algunhas actividades no propio centro. No Brea Segade ademais de cantar Voarei, da peli Brave, decoramos a entrada do colexio con carteis contra a violencia machista e mans brancas e lilas polos dereitos das mulleres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario