domingo, 30 de abril de 2017

Maruja Mallo

Ao longo do mes de abril estivemos traballando sobre a pintora Maruja Mallo, descubrindo quen fora e que obra nos deixou. Aquí tedes o resultado do noso traballo, que está exposto na entrada do cole.



 E aquí o proceso:


sábado, 29 de abril de 2017

Ensalada coas nosas leitugas

As nosas leitugas están lista, grandiñas e ben apetitosas, así que decidimos facer unha ensalada e probalas. Xuntamonos primeiro e segundo, apañamos unhas poucas, lavámolas, cortámolas e mesturámolas con cebola, millo, olivas, aceite e vinagre.
A papar! Deliciosa! Non deixamos nin rastro dela.

luns, 24 de abril de 2017

Día do Libro

Hoxe celebramos o Día do Libro no cole. Os maiores sorprendéronnos con préstamos-agasallo, libros que escolleron para nós e que decoraron cun lazo.

Día do libro 2017

A nosa caixa de préstamo-agasallo

Que libros serán?

Molan!



Mochila Viaxeira para Mateo

Xa van sendo menos os que non levaron aínda a Mochila Viaxeira; un pouco máis de paciencia, que ir ha ir a todas as casas. desta vez o afortunado foi Mateo.

venres, 14 de abril de 2017

Xornal BBS 11

Novo número do Xornal BBS! Aquío o tedes en cor para velo con máis detalle. Poñédeo en pantalla completa.


Día do Libro Infantil

O 2 de abril é o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e a Biblioteca Brea Segade organizou toda unha tarde de actividades na última semana de trimestre para celebralo. Empezamos no auditorio do colexio coa lectura do manifesto e vendo unhas curstas de animación. Despois fomos para clase a agardar por os nosos padriños e madriñas lectores que nos viñeron buscar para levarnos con eles primeiro ao patio e logo á biblioteca. Recibimos a lectura dun conto e unha postal como agasallo e despois estivemos xuntos preparando marcapáxinas e un mural. Gustounos moito o apadriñamento lector!

Entrade no blogue da biblioteca para ver as reportaxes completas:
Agardando polos nosos padriños e madriñas. Que nervios!
 Algúns apadriñamentos e amadriñamentos:






Para agradecer aos nosos padriños e madriñas os seus agasallos nós tamén preparamos postais que lles entregamos ao día seguinte.


mércores, 12 de abril de 2017

Mochila Viaxeira na Pascua

A Mochila Viaxeira de 1º está a pasar estes días de vacacións na casa de Adrián. Busca unha sombra na horta para ler e remexer na mochila nestes días de sol e calor, case de verán. Que a disfrutedes moito, Adrián! 

martes, 11 de abril de 2017

Na piscina

O martes pasado estivemos de visita na Piscina Municipal de Rianxo. organizou a saída Espe, a profe de Educación Física, xunto cos monitores da piscina. Foi xenial! Encantounos, queremos repetir!!
Boa parte das fotos que tedes na montaxe foron feitas por Mateo, de 1º, que se nos descubriu coma un fantástico fotógrafo. :-)


domingo, 2 de abril de 2017

Día Internacional do Libro Infantil

Hoxe, 2 de abril, é o Día Internacional do Libro Infantil. Cada ano celébrase o día cun cartel e un manifesto elaborados por escritor@s e ilustrador@s dun país. Este ano foi Rusia o país encargado e o lema escollido é especialmente atinado:

Medremos co libro!


Feliz Día do Libro Infantil!
 Que tod@s medremos cos libros :-)