Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 19 de xuño de 2019

Seguimos gravando!

Hoxe botamos boa parte da mañá na radio, rematando de gravar o que será o noso primeiro programa para a Radio BBS 😍
Ademais de falar e entrevistar a unha nova convidada, Emma, a nai de Diego, tamén probamos a levar a parte técnica da gravación e descubrimos que temos un bo feixe de técnicos e técnicas de son de primeira categoría! 
Foi moi emocionante e pasámolo moi ben.
Axexando 😉
 

Técnicas de son de toda a vida 😀


Profesionais
Grazas, Emma!

martes, 18 de xuño de 2019

Gravando!

Estamos a rematar o curso, pero non paramos de traballar 😃
Andamos metid@s na gravación dun programa de radio sobre alimentación e traballos relacionados con ela. De momento, despois de recoller a información, preparamos o guión do programa, convidamos a algúns familiares para entrevistalos e comezamos coas primeiras gravacións... Este luns estivo con nós Carmen María; foi a nosa primeira entrevistada. Molou!
Seguiremos contándovos.




Grazas!


martes, 11 de xuño de 2019

Boas noites

Estamos rematando a nosa última lectura colectiva deste curso, Boas noites de Paula Carballeira. É unha obra de teatro protagonizada por Xiana, unha nena que quere ter tempo para xogar... Quen non?
Estamos practicando entoación e rindo moito cos personaxes e situacións ideados por Paula Carballeira. Molaría facela en teatro 😃

domingo, 26 de maio de 2019

A torre de Sergio e Lola

Este venres, nos obradoiros, estreamos un novo recurso do Espazo Argalleiro da biblioteca. Sergio empezou a construír unha torre co xogo Kapla. Pouco a pouco foi medrando e medrando e entón sumouse Lola a botar unha man e entre os dous fixeron... Unha torre máis alta que eles! 😍
Mola o Kapla! E molan os maxiconstrutor@s de 3º!







Bravo!

domingo, 19 de maio de 2019

Castelao no LIX Rianxo

O xoves 16 fomos a un espectáculo sobre o libro Periplo Atlántico no LIX Rianxo. É unha historia baseada nun relato de Castelao, que nos contaron e ilustraron o grupo Polo correo do vento. Estivo moi ben e ao rematar aprendéronos a debuxar ao protagonista da historia, o pingüín Panchito.





Visitamos o LIX Rianxo

O mércores 15 estivemos toda a mañá en Rianxo, primeiro no Auditorio e despois na B.P.M. Castelao. No Auditorio asistimos a un espectáculo de Raquel Queizás sobre a 1º muller directora de cinema, Alice Guy e visitamos a exposición de traballos dos centros educativos do concello.


Na biblioteca do LIX

Coa nosa maqueta do cinema
Coa nosa maqueta e libros da Bichería da Ría de Arousa
Xogando na expo
A nosa maqueta de viaxes e medios de transporte
Os nosos traballos de García Teijeiro
Coa nosa maqueta da Revolución
 Antes de ir á B.P.M. Castelao merendamos e xogamos no parque.






Cantándolle o Parabéns a Diego no seu aniversario