luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz

Celebramos tod@s xuntos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Xuntámonos diante da biblioteca despois da Hora de Ler e inauguramos o xardín de plantas aromáticas, que representa o mundo que queremos.  Os de 6º cantaron Imagine e leron un manifesto pola Paz. Nós presentamos o noso libro Palabras pola Paz e despois 5º e 6º cantou o Himno de Rianxo. No mundo que queremos: música, compañeirismo, literatura, natureza... Hoxe foi unha boa mostra.




Xardín das plantas aromáticas



Palabras pola Paz

Hoxe 30 de xaneiro saiu do prelo o noso primeiro libro colectivo: Palabras pola Paz, coincidindo co Día da Paz e recollendo unha proposta do Equipo de Dinamización Lingüística do cole. Trátase un abecedario de palabras que para nós representan a paz. Foi bonito pensar as palabras, explicar porque queriamos que estiveran no noso libro, escribilas, debuxalas e tamén presentar o traballo a tod@s os compañeiros/as do colexio. Deixámolo na Biblioteca Brea Segade para que tod@s o poidamos ver.
Agardamos que sexa o primeiro de moitos outros libros colectivos! :-)








O noso libro

No acto do Día da Paz

Presentando o libro

PAZ!




xoves, 26 de xaneiro de 2017

Saúde dental

Este mércores tivemos unha charla sobre coidado e saúde dental. Estivo no cole Vanesa, que traballa nunha das clínicas dentais de Taragoña. Foinos explicando como debemos coidar a nosa boca, como limpar os dentes, que alimentos son mellores para traer de merenda ao cole... Tomamos boa nota!



Na horta

No cole estamos empezando a plantar na horta, na entrada e tamén nun pequeno invernadoiro que puxeron na horta para que 1º e 2º poidamos cultivarn as nosas plantas e telas protexidas do frío. Esta semana plantamos as nosas primeiras leitugas, agora temos que coidalas, regalas e despois... papalas.  Xa empezamos a pensar nos ingredientes para a ensalada!:-)

O invernadoiro


As leituguiñas






Un feixiño de leitugas


luns, 23 de xaneiro de 2017

Conectando Mundos. Dereitos sen fronteiras

Hoxe comezamos a participar nun proxecto que se chama Conectando Mundos e que está promovido e coordinado pola ONG Oxfam Intermon.  Durante nove semanas, traballaremos, ao tempo que nenos e nenas doutras 14 escolas de España, Italia e Portugal, sobre un tema común. Este ano o tema escollido é Dereitos sen fronteiras.  Hoxe coñecemos aos protagonistas dun conto que serán os que nos propoñan as actividades a realizar e presentámonos ao resto das escolas que van participar con nós no proxecto. Irémosvos contando!



sábado, 21 de xaneiro de 2017

Monstros

Esta semana probamos un novo recurso que temos na páxina de xogos, "La tienda de juguetes". Gustounos moito, pasámolo especialmente ben creando monstros, aquí tedes algúns deles:










Teatro de títeres

Unha das novidades deste trimestre é ter na clase un teatro de títeres e unha serie de personaxes de conto que podemos usar para facer diálogos e pequenas obras. De momento empezamos pasando tod@s polo teatro e improvisando diálogos. É divertido!

O teatro

Os títeres

Noela e Nerea

Diego e Hugo

Sara e Lola

Sergio e Lois

Adrián e Dani

Breixo e Gael

Noela e Laura



xoves, 12 de xaneiro de 2017

O Nadal e os sentidos

Despedímonos do Nadal pensando e falando do que lembrabamos del...cos cinco sentidos. E saíron cousas ben chulas! O Nadal sabe a, ule a, soa a...