Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de marzo de 2019

Ana Corredoira e Marta Álvarez



A nosa achega á exposición de mulleres destacadas no mundo da alimentación organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares.

domingo, 2 de decembro de 2018

Medos e tradicións

En novembro traballamos sobre os personaxes de medo na tradición galega. Usamos O Dicionario de Xeres Míticos Galegos para descubrir que na nosa cultura tamén hai personaxes terroríficos, moitos deles pensados para asustar aos nenos e nenas.





sábado, 24 de marzo de 2018

Día dos bosques

Este foi o tema co que comezamos o Día dos Bosques, preparándonos para a plantación nas beiras do río Té.
Para escoitar a canción preme na imaxe de abaixo ou AQUÍ

 

xoves, 9 de novembro de 2017

Coidemos os nosos bosques

A mediados de outubro unha terrible vaga de lumes arrasou milleiros de hectáreas de monte en Galicia, moitas casas, galpóns, graneiras e levou tamén a vida de catro persoas. Na clase falamos do lume e de que se poderia facer para evitar que algo así volvera pasar. Decidimos facer un mural para mostrar a nosa vontade de coidar os bosques e o monte.
Naqueles días Christian trouxera a clase un libro que lle gustara moito, Salgadiña, a estrela de Fisterra de Anxo Moure e Cristina Ouro. Fala doutro tipo de catástrofe medioambiental, pero no fondo fala do mesmo, do mal que os seres humanos tratamos ao noso planeta e da necesidade de que todos e todas nos comprometamos coa natureza. Gustounos moito e ao comezar co mural decidimos que Salgadiña debía estar nel. 


Esta semana sacamos o noso mural ás paredes do corredor. É o noso compromiso cos nosos bosques. Nós coma Salgadiña, queremos un mundo mellor.