Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Entroido. Amosar todas as publicacións

domingo, 3 de marzo de 2019

Coplas de Entroido

Antes da queima do Toribio 3º botou unhas coplas de Entroido que estiveramos a traballar na clase durante toda a semana.


E faltou gravar a Hugo rematando:

 Viva o Toribio! Viva o Entroido!

Despois disto... Adeus Toribio!




Ata o ano que vén! 😞

Pizza!

O venres de Entroido a clase de 3º encheuse de anacos de pizza de diferentes sabores e ingredientes, pero todos da marca BreaPizza.




Así de guapos e guapas os BreaPizzas, xunto con mexillóns, froitas e cociñeiros baixaron ata Campo de Pazos con ganas de lucirse e montar festa.






Enchemos a praza de comida, cores e bo humor.


De volta na escola, larpeiradas de Entroido para recuperar forzas da camiñata.


venres, 22 de febreiro de 2019

Benvido, Toribio!

Xa chegou!!
E xa empezou a mandar... Festa!
Luns, xa sabedes, arremangade o mandil! 😉

xoves, 21 de febreiro de 2019

Está a chegar o Entroido!

Xa empezamos a notar que os primeiros síntomas: deseños, pintura, pinceis, cola, cores, brillos, ganas de festa e de larpeiradas... O Entroido está ás portas e no cole xa empezamos cos preparativos. 
Este curso o tema co que nos disfrazaremos será a alimentación e como tamén estamos a traballar sobre consumo responsable e desenvolvemento sostible, os nosos disfraces estarán feitos de materiais reutilizables e reciclables. As 3R presidirán o Entroido no Brea Segade: 

reducir, reutilizar e reciclar.

E pasalo de medo!











sábado, 17 de febreiro de 2018

Oh Susana! De principio a fin :-)

Grazas a Nuria, a nai de Christian, podemos compartir o vídeo do baile completo, para non perder detalle 😜 Tremenda actuación, bailador@s!

luns, 12 de febreiro de 2018

Adeus, Toribio!

Despois de desfilar, bailar e xogar, repuxemos forzas no tremendo banquete de doces de Entroido que nos agardaba no cole.




Xa ao remate da mañá tocou despedirnos do Toribio, que tan ben nolo fixo pasar estes días.











Adeus, Toribiño! Ata o ano!