Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

sábado, 18 de maio de 2019

No festival das Letras

Aquí tedes a nosa intervención no Festival das Letras. Impresionate!
O tema titúlase Os peixes de María e é un poema de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, do seu libro Os nenos cantan. O libro de María.
Entrade no blogue da biblioteca para ver o resto das pezas do festival.

domingo, 31 de marzo de 2019

O Leâozinho

Este ano a cultura convidada no Salón do Libro é a lusofonía. Na nosa visita participamos nun obradoiro chamado Eu leo, eu canto no que estivemos cunha contadora e un músico portugueses que nos contaron en portugués historias sobre leóns e outros animais e nos ensinaron esta canción de Caetano Veloso que nos gustou moito. Rematamos o obradoiro tamén facendo un monicreque coa cabeza dun león e cantando xuntos a canción. Aquí a temos 😃


mércores, 30 de xaneiro de 2019

Na clase de Música

Na clase de Música soou unha trompeta e soou moooi ben. Terceiro comezou a preparar un novo tema no que Adrián toca a súa trompeta. Hoxe xa foi impresionante escoitar a toda a clase cantar e a José Luis e Adrián tocar, e só era o primeiro ensaio! 😍 Seguiremos atent@s




Bravo, Terceiro!

mércores, 19 de decembro de 2018

O Apalpador no cole

Hoxe visitounos o Apalpador, acompañado de gaiteiros! 
Na clase estamos traballando sobre el cuns materiais que nos enviaron do Concello. Para seguir descubrindo máis cousas sobre o Apalpador e o Courel podemos visitar a súa páxina: O Apalpador





martes, 18 de setembro de 2018

Concerto da Escola de Musica de Rianxo



Aínda non levamos unha semana de curso e xa tivemos a nosa primeira saída. Estivemos no Auditorio de Rianxo nun concerto dun cuarteto de vento metal da Escola de Música de Rianxo. Houbo moitos instrumentos: unha tuba,dous trombóns e un bombardino. Tocaron música de bandas sonoras: Star Wars, a Pantera Rosa, Frozen... Molou moito!

sábado, 19 de maio de 2018

No festival das Letras Galegas

Caracol, cantiga imprescindible na música infantil galega, un poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde, foi o temazo que 2º interpretou no Festival das Letras Galegas do Brea Segade. Contaron coa axuda dos nenos e nenas de 3º nas voces. Foi impresionante! Sodes uns artistaz@s!









A verdade é que todo o festival das Letras Galegas foi incrible. Tremendos atistas temos no cole! Podedes ver imaxes de todos os cursos no festival no blog da biblioteca.

luns, 9 de abril de 2018

Concerto didáctico

Hoxe foi unha mañá especial, despois do encontro con María Canosa fomos ao auditorio de Rianxo a un concerto didáctico organizado pola Escola de Música de Rianxo. Era un grupo de músicos de instrumentos de metal: tuba, trombóns de vara e bombardino. Ademais de tocar fóronnos contando cousas sobre os instrumentos e todo facendo teatro. Foi moi divertido!





sábado, 24 de marzo de 2018

Día dos bosques

Este foi o tema co que comezamos o Día dos Bosques, preparándonos para a plantación nas beiras do río Té.
Para escoitar a canción preme na imaxe de abaixo ou AQUÍ

 

sábado, 17 de febreiro de 2018

Oh Susana! De principio a fin :-)

Grazas a Nuria, a nai de Christian, podemos compartir o vídeo do baile completo, para non perder detalle 😜 Tremenda actuación, bailador@s!

luns, 12 de febreiro de 2018

Oh Susana!

Un anaquiño do noso baile, para ver o ben que o fixemos!

luns, 5 de febreiro de 2018

luns, 25 de decembro de 2017

Cantando as Prosas do Nadal

O 21 de decembro todo o colexio saíu cantar as Prosas do Nadal. Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.

xoves, 16 de novembro de 2017

Fogo Nicolás

Na banda de alá do río ten meu pai un castiñeiro... Tempo de Magosto, tempo de festa.😀

martes, 24 de outubro de 2017

Día da Biblioteca

Ao longo de toda esta semana estamos a celebrar no colexio o Día da Biblioteca que se conmemora o 24 de outubro. Hoxe empezamos a mañá con música dos Migallas que enlazaran no blog da BBS. Na Hora de Ler chegounos un agasallo da biblioteca, unha carta e o material para construír taumatropos. E claro, nós tamén decidimos corresponder ao agasallo e preparar unhas postais, a BBS ben o merece!
Reconstruíndo a letra da canción dos Migallas





A carta e a caixa

Os encargados da semana len a carta



Preparamos postais para a BBS




Empezando cos Taumatropos



sábado, 21 de outubro de 2017

O corpo

Comezamos a traballar sobre o corpo humano e botamos man dunha canción do álbum Canta connosco dos Migallas, que nos está axudar a aprender os nomes dos ósos mentres cantamos e bailamos.
Aquí tedes unha versión en vídeo feita, xa hai uns anos, por nenos e nenas de 2º de Primaria de Ordes, do CEIP A.D.R. Castelao.



A cantar e bailar!