Ao longo de toda esta semana estamos a celebrar no colexio o Día da Biblioteca que se conmemora o 24 de outubro. Hoxe empezamos a mañá con
música dos Migallas que enlazaran no
blog da BBS. Na Hora de Ler chegounos un agasallo da biblioteca, unha carta e o material para construír taumatropos. E claro, nós tamén decidimos corresponder ao agasallo e preparar unhas postais, a BBS ben o merece!
 |
| Reconstruíndo a letra da canción dos Migallas |
 |
| A carta e a caixa |
 |
| Os encargados da semana len a carta |
 |
| Preparamos postais para a BBS |
 |
| Empezando cos Taumatropos |
Ningún comentario:
Publicar un comentario