Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ecoloxía b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 8 de xuño de 2019
Parabéns, 3º!
Etiquetas:
alimentación,
BBS,
ecoloxía,
nutrición,
obradoiros
xoves, 28 de marzo de 2019
LUMES NON!
Etiquetas:
ecoloxía,
medioambiente,
natureza,
Rianxo
xoves, 7 de febreiro de 2019
Día da Paz: plantación
Este ano quixemos celebrar o Día da Paz construíndo un mundo mellor desde o noso entorno máis próximo e por iso no cole decidimos facer unha plantación de árbores autóctonas para axudar a repoboar a ladeira que vai de Campo Maneiro a Corques.
Foi unha mañá de traballo duro pero divertido, na que traballamos en equipo, colaboramos e aprendemos cousas novas sobre o medio ambiente. Colaborou co cole a Comunidade de Montes, o Concello de Rianxo e a ANPA. A ANPA agasallounos cun chocolate para repoñer forzas 😍
![]() |
| Imos alá! |
![]() |
| Comezamos! |
![]() |
| Equipazo! |
![]() |
| Outro equipazo! |
![]() |
| E outro máis! |
![]() |
| Expertas plantadoras |
![]() |
| Chocolate! Mmmmm! |
![]() |
| Merecido descanso |
![]() |
| 😍 |
![]() |
| Bravo! |
mércores, 7 de novembro de 2018
Comercio xusto
Este mércores as clases de 3º e 4º participamos nunha actividade do Programa Cores do Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre Comercio Xusto. Forma parte das actividades que estamos a realizar este curso dentro do proxecto sobre Alimentación e Ecoloxía.
Explicáronnos en que consiste o comercio xusto, que problemas teñen os produtores/as, que non sempre reciben o que merecen polo seu traballo e tamén como o medio ambiente se ve afectado polo consumismo e por como se están a fabricar os produtos que mercamos. Para que todo isto fora máis doado de entender, fixemos un xogo por equipos no que eramos empresas de diferentes países do mundo e tiñamos que "fabricar" marcapáxinas. Vimos como non todos os países teñen os mesmos recursos. Foi moi interesante!
Etiquetas:
alimentación,
consumo responsable,
ecoloxía
martes, 23 de outubro de 2018
Fame cero 2030
Estivemos lendo, escoitando e reflexionando sobre as propostas da FAO para o Día Mundial da Alimentación. Este é o resultado:
Etiquetas:
alimentación,
consumo responsable,
ecoloxía,
fame cero,
Terra
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































