domingo, 26 de maio de 2019

A torre de Sergio e Lola

Este venres, nos obradoiros, estreamos un novo recurso do Espazo Argalleiro da biblioteca. Sergio empezou a construír unha torre co xogo Kapla. Pouco a pouco foi medrando e medrando e entón sumouse Lola a botar unha man e entre os dous fixeron... Unha torre máis alta que eles! 😍
Mola o Kapla! E molan os maxiconstrutor@s de 3º!







Bravo!

martes, 21 de maio de 2019

Aniversario de Diego

Hoxe celebramos na clase o aniversario de Diego. Nove! Xa ides grandes! 😃
Volvémoslle cantar, soprou a vela e papamos enteiriña unha torta boísima que nos sentou de marabilla, fresquiña como viña.

PARABÉNS, DIEGO!





Graciñas pola torta! Estaba boísima!

domingo, 19 de maio de 2019

Castelao no LIX Rianxo

O xoves 16 fomos a un espectáculo sobre o libro Periplo Atlántico no LIX Rianxo. É unha historia baseada nun relato de Castelao, que nos contaron e ilustraron o grupo Polo correo do vento. Estivo moi ben e ao rematar aprendéronos a debuxar ao protagonista da historia, o pingüín Panchito.





Agardando...

Agardando antes de entrar na B.P.M. Castelao. 😆😆




Na B.P.M. Castelao

 Sofía, a bibliotecaria municipal, ensinounos a B.P.M. Castelao e unha exposición de libros portugueses que teñen estes días, coincidindo co LIX Rianxo.



Fixemos un xogo coas portadas dos libros portugueses e escollemos os que nos gustaría levar en préstamo para a escola.







Graciñas, Sofía, encantounos a biblioteca!

Visitamos o LIX Rianxo

O mércores 15 estivemos toda a mañá en Rianxo, primeiro no Auditorio e despois na B.P.M. Castelao. No Auditorio asistimos a un espectáculo de Raquel Queizás sobre a 1º muller directora de cinema, Alice Guy e visitamos a exposición de traballos dos centros educativos do concello.


Na biblioteca do LIX

Coa nosa maqueta do cinema
Coa nosa maqueta e libros da Bichería da Ría de Arousa
Xogando na expo
A nosa maqueta de viaxes e medios de transporte
Os nosos traballos de García Teijeiro
Coa nosa maqueta da Revolución
 Antes de ir á B.P.M. Castelao merendamos e xogamos no parque.






Cantándolle o Parabéns a Diego no seu aniversario

sábado, 18 de maio de 2019

No festival das Letras

Aquí tedes a nosa intervención no Festival das Letras. Impresionate!
O tema titúlase Os peixes de María e é un poema de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes, do seu libro Os nenos cantan. O libro de María.
Entrade no blogue da biblioteca para ver o resto das pezas do festival.

martes, 14 de maio de 2019

Con Antonio García Teijeiro

Tiñamos moitas ganas de coñecelo e por fin puidemos facelo: escoitalo falar de poesía e recitar poemas, facernos bromas, escoitarnos recitar poemas os poemas que tiñamos preparados e tamén cantar a nosa canción do Festival das Letras... Gustounos moito estar con Antonio García Teijeiro poemando o mar, os ratos, a lúa...Grazas, Antonio!











Entrade no blogue da BBS para ver más fotos da visita de Antonio García Teijeiro.