Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

xoves, 7 de febreiro de 2019

Día da Paz: plantación

Este ano quixemos celebrar o Día da Paz construíndo un mundo mellor desde o noso entorno máis próximo e por iso no cole decidimos facer unha plantación de árbores autóctonas para axudar a repoboar a ladeira que vai de Campo Maneiro a Corques. 
Foi unha mañá de traballo duro pero divertido, na que traballamos en equipo, colaboramos e aprendemos cousas novas sobre o medio ambiente. Colaborou co cole a Comunidade de Montes, o Concello de Rianxo e a ANPA. A ANPA agasallounos cun chocolate para repoñer forzas 😍

Imos alá!



Comezamos!


Equipazo!

Outro equipazo!

E outro máis!

Expertas plantadoras


Chocolate! Mmmmm!

Merecido descanso

😍

Bravo!

mércores, 7 de novembro de 2018

Magosto

Hoxe saíu o sol para que puideramos celebrar o magosto! 👏👏👏👏
Despois da Hora de Ler fomos visitar a plantación de castiñeiros e carballos que hai uns anos fixeran en Campo Maneiro nenos e nenas do noso colexio coa Comunidade de Montes e o Concello. Hai pouco o colectivo Fousas ao Monte  limpou esa zona e vimos como medraron as árbores nestes anos. 






O Brea Segade no Campo Maneiro


E de volta ao colexio xogos no patio e papar as castañas, claro! 😃













luns, 15 de outubro de 2018

Día Mundial da Alimentación

O 16 de outubro é o Día Mundial da Alimentación. Tod@s nós podemos facer moito para conseguir Fame Cero no 2030. Implícate!

venres, 28 de setembro de 2018

Camiñata polo Araño

Saímos de Foxacos ...


Pasamos pola Ermida e a Ferrería sen perder de vista ao río Te.

Os muíños do Cubo







E chegamos ao Pozo Bastón!

Fermoso!!!
Alí merendamos e repuxemos forzas. As tres rapazas da lenda non apareceron 😢




 E xa recuperad@s da primeira parte da camiñata... de volta a Foxacos!


Ben feito!

Sodes uns campións e unhas campionas! 👏👏👏