Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de marzo de 2019

Día de Rosalía

Na celebración do Día de Rosalía no colexio lemos poemas relacionados co proxecto da biblioteca deste ano, a alimentación. En 3º preparamos Tecín soa a miña tea e Sergio, Diego, Noela, Lola, Laura e Adrián encargáronse de lelo para todos. Fixérono moi ben! 

 
Día de Rosalía 2019 from Brea Segade on Vimeo.

E despois de ler e de escoitar a todos os cursos e os profes recitando... Caldo de Gloria! Que rico estaba!







domingo, 25 de febreiro de 2018

Visita á Casa Museo de Rosalía

Aquí tedes a reportaxe fotográfica da nosa visita á Casa de Rosalía e ao Xardín Botánico Artístico. Foi unha mañá completa, chea de poesía e de natureza, de moitas aprendizaxes e descubertas. Vimos tamén a importante relación de Rianxo con Padron e con Rosalía e a presenza de Castelao tanto na Casa e como no Xardín Botánico. Sorprendémonos con árbores espectaculares chegadas de lugares lonxanos e quedamos con ganas de máis, haberá que voltar!


Na Casa de Rosalía from Brea Segade on Vimeo.

Caldo de Gloria

O venres tivemos celebramos na escola o Día de Rosalía, xa que o 24 era sábado. A Biblioteca Brea Segade e o Equipo de Dinamización Lingüística organizaron un Caldo de Gloria, seguindo a iniciativa da Casa Museo de Rosalía de Castro e inspirados nun dos poemas da escritora. Aquí tedes o vídeo no que a BBS resume a experiencia, que foi preciosa e sobre todo moi saborosa 😛 .

Día de Rosalía: Abride a fiestra

Compartimos o vídeo que elabotrou a Biblioteca Brea Segade para homenaxear a Rosalía.


Abrindo fiestras

Esta semana estivemos traballando sobre Rosalía de Castro na clase: lendo os seus poemas e decorando as fiestras da escola para que Rosalía estivera ben visible, desde fóra e desde dentro. Participamos así nunha iniciativa da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), para homenaxeara á poeta no seu día, o 24 de febreiro, tal e como nos pediron desde a Biblioteca Brea Segade.









A nosa clase desde fóra


martes, 20 de febreiro de 2018

Un libro e unha flor

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía e unha das tradicións para ese día é agasallar cun libro e unha flor. A BBS trouxonos onte un agasallo para a nosa clase: un libro sobre Rosalía e unha flor feita coa impresora 3D.
Así que mans á obra, empezamos a ler e a traballar sobre Rosalía.