Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plástica. Amosar todas as publicacións

domingo, 7 de abril de 2019

Poemar e pintar o mar

Estamos lendo poesía, Poemar o mar de Antonio García Teijeiro. Este libro foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no ano 2017, é dicir, foi escollido como o mellor libro para rapaces entre todos os publicados nas distintas linguas oficiais do estado. 
Nós estamos "poemando o mar" e tamén "pintando o mar", coñecendo a obra de Luis Seoane, artista ao que se lle adicou o Día das Artes Galegas este ano.







mércores, 1 de novembro de 2017

Martes de Samaín

Aquí tedes un resumo en imaxes do ben que o pasamos celebrando o Samaín na escola.


Xa sabedes, activade a música na esquina inferior esquerda.

mércores, 21 de xuño de 2017

Dobrando papel

Esta semana estamos aprendendo a facer algunhas cousas dobrando papel. Empezamos con barcos que puxemos a navegar.


E seguimos con comecocos sobre animais e as súas características.


martes, 16 de maio de 2017

Este é Toribio

Este é Toribio, o de Carlos Casares, non o do noso entroido.  





E estes son os inventos que máis nos gustaron: o Lapis Ladrón, a Goma de Borrar Disparates, o Lingú, a Pantalla Universal Chismorrosa, O Lapis das cousas imposibles e o Telebrazo Global Laserizado.


E xa temos unha chea de inventos novos a dar voltas nas nosas cabezas. Seguiremos informando...

Letras Galegas

Estivemos moi atarefados estes días a voltas coas letras... as Letras Galegas.
As nosas letras, cheas de cor e de vida ambientan a entrada da escola.











domingo, 30 de abril de 2017

Maruja Mallo

Ao longo do mes de abril estivemos traballando sobre a pintora Maruja Mallo, descubrindo quen fora e que obra nos deixou. Aquí tedes o resultado do noso traballo, que está exposto na entrada do cole.



 E aquí o proceso:


domingo, 12 de marzo de 2017

Día da muller

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. Na nosa clase aproveitamos para falar do importantes que son as mulleres nas nosas vidas e do noso compromiso coa igualdade entre nenos, nenas, mozos, mozas, homes e mulleres, os 365 días do ano. É o xusto!
Decidimos mandarlle un "cariño especial" a algunha das nosas mulleres favoritas e puxémonos mans á obra.














domingo, 26 de febreiro de 2017

Viva o Entroido!!!!

Chegou o día máis desexado, o venres de Entroido. Que ben o pasamos! Aquí tedes a mañá en imaxes.

Os preparativos e retoques finais:










Xuntanza robótica









Saímos de pasarrúas detrás da 
Charanga Brea Segade



A fantástica Charanga Brea Segade




Chegamos a Campo de Pazos e cantamos 
as nosas coplas de Entroido