Amosando publicacións coa etiqueta consumo responsable. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta consumo responsable. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de febreiro de 2019

Está a chegar o Entroido!

Xa empezamos a notar que os primeiros síntomas: deseños, pintura, pinceis, cola, cores, brillos, ganas de festa e de larpeiradas... O Entroido está ás portas e no cole xa empezamos cos preparativos. 
Este curso o tema co que nos disfrazaremos será a alimentación e como tamén estamos a traballar sobre consumo responsable e desenvolvemento sostible, os nosos disfraces estarán feitos de materiais reutilizables e reciclables. As 3R presidirán o Entroido no Brea Segade: 

reducir, reutilizar e reciclar.

E pasalo de medo!











martes, 12 de febreiro de 2019

Saída á Pobra do Caramiñal

Hoxe pasamos a mañá na Pobra do Caramiñal. Fixemos moitas cousas: visitamos o Museo Valle-Inclán, visitamos o supermercado Gadis e fixemos unha visita guiada á vila, case non paramos, pero estivo moi ben, aprendemos moitas cousas e o pasamos moi ben. Mirade...


Saída Pobra from Brea Segade on Vimeo.

mércores, 7 de novembro de 2018

Comercio xusto

Este mércores as clases de 3º e 4º participamos nunha actividade do Programa Cores do Instituto Galego do Consumo e da Competencia sobre Comercio Xusto. Forma parte das actividades que estamos a realizar este curso dentro do proxecto sobre Alimentación e Ecoloxía. 
Explicáronnos en que consiste o comercio xusto, que problemas teñen os produtores/as,  que non sempre reciben o que merecen polo seu traballo e tamén como o medio ambiente se ve afectado polo consumismo e por como se están a fabricar os produtos que mercamos. Para que todo isto fora máis doado de entender, fixemos un xogo por equipos no que eramos empresas de diferentes países do mundo e tiñamos que "fabricar" marcapáxinas. Vimos como non todos os países teñen os mesmos recursos. Foi moi interesante!






xoves, 1 de novembro de 2018

Unha noite no hipermercado

Esta semana fomos os encargados de inaugurar os contacontos dos recreos da BBS. Fixémolo cunha pequena dramatización dun texto que traballaramos na clase en Lingua Galega e que ten moito que ver co tema do proxecto da biblioteca deste curso, a alimentación.

Anunciamos o conto na entrada:


Os encargados desta semana foron polas clases convidando a vir escoitarnos e xa no recreo...



Bravo!

martes, 23 de outubro de 2018

Fame cero 2030

Estivemos lendo, escoitando e reflexionando sobre as propostas da FAO para o Día Mundial da Alimentación. Este é o resultado: