Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de marzo de 2019

Ana Corredoira e Marta Álvarez



A nosa achega á exposición de mulleres destacadas no mundo da alimentación organizada polo Equipo de Actividades Extraescolares.

domingo, 10 de marzo de 2019

Mulleres e alimentación

Aquí temos os enlaces para investigar sobre algunhas mulleres que están levando adiante proxectos innovadores no mundo da alimentación. Son só unha pequena mostra da creatividade, a forza e o traballo das mulleres en diferentes sectores económicos.  

Ana Corredoira e a granxa A Cernada.

Marta Álvarez e As Maruxas

Milagros Piñeiro e Milagros González e A Pementeira

Entrade e descubrídeas! Vanvos sorprender.

domingo, 11 de marzo de 2018

Mulleres de cine

Neste mes de marzo estamos a investigar en todas as clases sobre mulleres que traballan no mundo do cine. Nós buscamos información sobre tres mulleres galegas: Chelo Loureiro, Emma Lustres e Diana Toucedo. No blog da biblioteca tedes maís información.




domingo, 12 de marzo de 2017

Día da muller

O 8 de marzo é o Día Internacional da Muller. Na nosa clase aproveitamos para falar do importantes que son as mulleres nas nosas vidas e do noso compromiso coa igualdade entre nenos, nenas, mozos, mozas, homes e mulleres, os 365 días do ano. É o xusto!
Decidimos mandarlle un "cariño especial" a algunha das nosas mulleres favoritas e puxémonos mans á obra.