Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

domingo, 13 de xaneiro de 2019

martes, 8 de xaneiro de 2019

De volta!

Xa estamos de volta!  Hoxe ao chegar atopámonos cunha sorpresa: un agasallo para a clase! Era un xogo feito en madeira.





Grazas, Apalpador!


Hoxe non tivemos tempo de probalo, farémolo mañá 😃

domingo, 23 de decembro de 2018

Boas vacacións de Nadal!

Rematamos o primeiro trimestre! Estamos content@s: moito aprendido, moito compartido, moitas risas, xogos, música, algún desgusto, algún enfado... Temos un merecido descanso, días para estar en familia e repoñer forzas para comezar o 2019 co moitas ganas de seguir aprendendo e divertíndonos.  

Boas vacacións! 
 Bo Nadal!

Tempo de acivros, tempo de libros

Non deixedes de consultar as propostas das bibliotecas de Rianxo para pedir libros como agasallo neste Nadal.

Tempo de acivros, tempo de libros

http://bibliobreasegade.blogspot.com/2018/12/tempo-de-acivros-tempo-de-libros-2018.html

mércores, 19 de decembro de 2018

O Apalpador no cole

Hoxe visitounos o Apalpador, acompañado de gaiteiros! 
Na clase estamos traballando sobre el cuns materiais que nos enviaron do Concello. Para seguir descubrindo máis cousas sobre o Apalpador e o Courel podemos visitar a súa páxina: O Apalpador





mércores, 27 de decembro de 2017

O Pequeno Circo de Nadal en Rianxo

http://concelloderianxo.gal/documents/10545/1218583/pequenocirco2017-prog-web.jpg/a277a161-6001-4371-8b79-0a87928d5b7f?t=1513943951206

Hoxe comezan as actividades do Pequeno Circo de Nadal na carpa que está  Praza do Concello en Rianxo. Aquí tedes a programación, hai moito onde escoller.

luns, 25 de decembro de 2017

Bo Nadal!

Segundo deséxavos:



BO NADAL!

Cada libro aberto é unha invitación á imaxinación, tamén no Nadal. Quentin Blake

Cantando as Prosas do Nadal

O 21 de decembro todo o colexio saíu cantar as Prosas do Nadal. Entrade no blogue da Biblioteca Brea Segade para ver a reportaxe completa.

Tempo de acivros, tempo de libros

Aquí tedes as recomendacións de lecturas de Nadal das bibliotecas das escolas de Infantil e Primaria de Rianxo e a B.P.M. Castelao de Rianxo.

xoves, 12 de xaneiro de 2017

O Nadal e os sentidos

Despedímonos do Nadal pensando e falando do que lembrabamos del...cos cinco sentidos. E saíron cousas ben chulas! O Nadal sabe a, ule a, soa a...








Estamos de volta!

Estamos de volta, cun montón de historias que contar, con ganas de ver aos amigos/as, con moita enerxía para empezar de novo e tamén con sorpresas, como as que nos deixaron os Reis :-)

Que será?

As damas!











Plastilina!


E había que probalas!

luns, 26 de decembro de 2016

Cantando os aguinaldos

O último día do trimestre foi especial, saímos todo o colexio cantar os aguinaldos a Campo de Pazos, Buía, A Capela e Ourille. Fomos en bus a cada sitio e unha vez alí cantamos algún arrolo e os aguinaldos, todos recollidos no noso concello. Preparamos os cantos na clase de Música e levabamos as letras para quen se quixera unir a cantar. En todos os sitios viñeron escoitarnos, foi moi bonito!.




De volta no cole tomamos chocolate que prepararan Tino e algúns pais e nais acompañados de biscoitos e doces que trouxeran os de quinto e sexto. Tremenda colmilona! Todo riquísimo, comemos a fartar.










E antes de marchar despedímonos de Carmela, que á volta do Nadal xa só virá de visita, pero virá, algún día :-)
Grazas, Carmela!

martes, 20 de decembro de 2016

Personaxes máxicos de Nadal

Aquí tedes a presentación que estivemos utilizando ao longo do proxecto sobre os Personaxes máxicos do Nadal para que poidades compartila na casa e ensinar todo o que aprendemos. 

domingo, 18 de decembro de 2016

The snowman

E como estamos falando de maxia no Nadal, esta semana vimos na clase unha das historias de Nadal con máis máxia, un clásico da literatura infantil inglesa que paga a pena coñecer. Aquí o tedes, para poder velo tamén en familia no tempo de Nadal.

The Snowman de Raymond Briggs.



Befana, Jolasveinair e Olentzero

Esta semana continuamos descubrindo tradicións de Nadal en  diferentes lugares do mundo: Italia, Islandia e País Vasco.

A Befana

Jolasveinair

Olentzero



A bruxa boa italiana.


















Os trolls enredantes islandeses.











 O carboeiro das montañas vascas.