Amosando publicacións coa etiqueta horta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta horta. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de novembro de 2017

Plantación na horta

Este mércores pola tarde todo o colexio estivemos de plantación na horta, coa axuda de Vanesa e Carlos, os pais de Elena, cada clase plantou algún produto de tempada. Nós plantamos leitugas e outros cursos espinacas, cebolas, allos...
Coas nosas leituguiñas lembramos a ensalada do curso pasado e xa estamos a pensar nos ingredientes para papalas en canto medren. 😋
Agora teremos que coidar da horta entre tod@s.
Grazas, JCarlos e Vanesa!









venres, 27 de outubro de 2017

Plantamos

Esta semana plantamos en macetas as nosas gallas de cóleo que xa tiñan as raíces enormes. Agora xa sabemos que tanto por semente como por galla podemos conseguir novas plantas.

Enchemos as macetas de terra e fixemos un burato
Metemos as raíces no burato


Alastamos a terra para fixar as raíces

Regamos


Xogamos :-)

Bo traballo!


xoves, 12 de outubro de 2017

As plantas de garavanzos

Chegou o día de pasar á terra as nosas sementes de garavanzo que xa xerminaran. Como, de momento, non imos facer unha leira de garavanzos para o cocido 😉,  pasámolas a macetas con sustrato e deixámolas na horta do colexio, a ver como van. Seguiremos observándoas atentamente. 












Aquí quedan, resgardadas do vento e dos balóns :-)

sábado, 29 de abril de 2017

Ensalada coas nosas leitugas

As nosas leitugas están lista, grandiñas e ben apetitosas, así que decidimos facer unha ensalada e probalas. Xuntamonos primeiro e segundo, apañamos unhas poucas, lavámolas, cortámolas e mesturámolas con cebola, millo, olivas, aceite e vinagre.
A papar! Deliciosa! Non deixamos nin rastro dela.

xoves, 26 de xaneiro de 2017

Na horta

No cole estamos empezando a plantar na horta, na entrada e tamén nun pequeno invernadoiro que puxeron na horta para que 1º e 2º poidamos cultivarn as nosas plantas e telas protexidas do frío. Esta semana plantamos as nosas primeiras leitugas, agora temos que coidalas, regalas e despois... papalas.  Xa empezamos a pensar nos ingredientes para a ensalada!:-)

O invernadoiro


As leituguiñas






Un feixiño de leitugas