xoves, 31 de maio de 2018

Medindo

Andamos a voltas con quilos, gramos, litros, centilitros e mililitros.





sábado, 19 de maio de 2018

No festival das Letras Galegas

Caracol, cantiga imprescindible na música infantil galega, un poema de Manuel María musicado por Suso Vaamonde, foi o temazo que 2º interpretou no Festival das Letras Galegas do Brea Segade. Contaron coa axuda dos nenos e nenas de 3º nas voces. Foi impresionante! Sodes uns artistaz@s!









A verdade é que todo o festival das Letras Galegas foi incrible. Tremendos atistas temos no cole! Podedes ver imaxes de todos os cursos no festival no blog da biblioteca.

Mochila Viaxeira para Diego

Despois de moito agardar e coincidindo na semana do seu aniversario, Diego, por fin levou a Mochila Viaxeira! 😃
El pon fin ás viaxes da mochila en 2º, así que a ten que aproveitar a máximo.

Boas lecturas, Diego!


martes, 15 de maio de 2018

Aniversario de Diego

Hoxe é o aniversario de Diego. Outro mozo de 8 anos!!
Celebrámolo na clase como máis nos gusta, cunha torta de chocolate e nata riquísima, apagando  a vela dos oito anos, cantándolle e dándolle uns parabéns enormes.

Parabéns, Diego! 
Graciñas por esa deliciosa torta 😋






E como ten que ser... da torta non quedou nada, nadiña, nada.
 

luns, 14 de maio de 2018

Contacontos no Auditorio de Rianxo: Mª Victoria Moreno

Este luns estivemos no Auditorio de Rianxo, nunha sesión de contos sobre a obra de Mª Victoria Moreno, a escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas.
Seguimos descubrindo pouco a pouco a súa vida e a súa obra; que mellor xeito que facelo coa axuda dunha contadora que enfiou varias das historias máis coñecidas de María Victoria Moreno.
Para saber máis sobre este espectáculo entrade no blogue da biblioteca.


domingo, 13 de maio de 2018

O día do non aniversario

O venres Laura trouxonos unha torta de Santiago que fixo na casa, cunha receita dun dos libros da Mochila Viaxeira. Lembrando a Alicia e ao Sombreireiro Tolo, decidimos celebrar o día do non aniversario e paparnos a torta de améndoa, que estaba: Mmmmmmm, riquísima!

Graciñas, Laura! Encántannos estes agasallos sorpresa 😀



Papámola toda!


mércores, 9 de maio de 2018

A festa no faiado

Imos coñecer unha das obras que María Victoria Moreno escribiu para nenos e nenas: A festa no faiado. Traballaremos de novo coas actividades do Seminario Galán.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/379

Mª Victoria Moreno

Para ver canto sabemos sobre a escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2018. Premde na imaxe para acceder ás actividades elaboradas polo Seminario Galán.

http://seminariogalan.org/inicio/ver/378

martes, 8 de maio de 2018

Rebeca e Sheila nos contacontos da BBS

Onte Rebeca, a nai de Breixo, e Sheila, a nai de Claudia, estiveron contando un conto na BBS. Contaronnos Max e Lea, un conto cun Tyrannosaurus Rex como protagonista. Estiveron xenial!
Para saber máis sobre como foi visitade o blogue da biblioteca



sábado, 5 de maio de 2018

Con Che Tembra

Esta semana estivo no colexio o ferreiro e escultor do ferro Che Tembra. Ensinounos como traballa coa forxa, como o ferro quente pode ser modelado e converterse en puntas de frecha, puntas para as gamelas, anzois ou obras de arte. Instalou a súa forxa e zafra no cuberto do colexio e todas as clases fomos pasando a aprender e descubrir en que consistía un oficio que hoxe en día é moi pouco habitual, pero que non deberíamos perder.

Grazas, Che, polo teu tempo e o teu saber!

Premede na imaxe para acceder ao álbum completo de fotos con Che Tembra.

https://photos.app.goo.gl/1SQb4OzMg0tO4WMZ2


Para ver máis sobre a visita de Che Tembra á nosa escola entrade no blogue da biblioteca.

Mochila viaxeira para Laura

A primeira Mochila do mes de maio marchou para casa de Laura. É a súa penúltima viaxe. Boas lecturas, Laura!