domingo, 23 de decembro de 2018

Boas vacacións de Nadal!

Rematamos o primeiro trimestre! Estamos content@s: moito aprendido, moito compartido, moitas risas, xogos, música, algún desgusto, algún enfado... Temos un merecido descanso, días para estar en familia e repoñer forzas para comezar o 2019 co moitas ganas de seguir aprendendo e divertíndonos.  

Boas vacacións! 
 Bo Nadal!

O Sistema Solar

Así de impresionante quedou o mural que fixeron Noela, Diego, Laura e Hugo na pizarra do corredor con xiz de cores. Foi na mañá do venres, no tempo de xogo que tivemos ao rematar o festival. Eles decidiron pintar fóra con xiz e cando nos demos conta... Mirade que marabilla!





Artistaz@s!

Tempo de acivros, tempo de libros

Non deixedes de consultar as propostas das bibliotecas de Rianxo para pedir libros como agasallo neste Nadal.

Tempo de acivros, tempo de libros

http://bibliobreasegade.blogspot.com/2018/12/tempo-de-acivros-tempo-de-libros-2018.html

Xornal BBS 16

Novo número do Xornal BBS. Aínda que xa tedes unha copia na casa podedes entrar no blog da biblio para velo.

http://bibliobreasegade.blogspot.com/2018/12/xornal-bbs-16.html



Mochila Viaxeira para Breixo

Boas lecturas de Nadal, Breixo!

Diplomas polos obradoiros

Esta semana a Biblioteca Brea Segade entregounos a cada un de nós un diploma 3D pola nosa "extraordinaria participación" nos obradoiros do 1º trimestre. Viva!



Aniversario de Laura

Agora si! Xa tod@s cumpristes anos. Laura, a máis pequena da clase, xa é unha moza de 8 anos! Celebrámolo cunha torta impresionante, cantando e turrándolle das orellas; para non perder as tradicións 😉

PARABÉNS, LAURA!




Mmmmm!

Graciñas pola torta

Libriño e Hugo con Manuel Antonio

Hugo tivo a Mochila Viaxeira de 3º na casa nas dúas últimas semanas do trimestre. Xa sabedes que este ano Libriño está a visitar diferentes lugares do noso concello e vos pide que descubrades a onde foi. Hugo resolveu o reto de Libriño, aquí o tedes na foto que o proba.
Ben feito, Hugo!



mércores, 19 de decembro de 2018

O Apalpador no cole

Hoxe visitounos o Apalpador, acompañado de gaiteiros! 
Na clase estamos traballando sobre el cuns materiais que nos enviaron do Concello. Para seguir descubrindo máis cousas sobre o Apalpador e o Courel podemos visitar a súa páxina: O Apalpador





sábado, 15 de decembro de 2018

A casa da mosca chosca

Este mércores tivemos unha sorpresa na Hora de Ler. Á volta do recreo a nosa clase estaba convertida nun pequeno teatro e un grupo de rapazas e un rapaz de 6º representaron para nós A casa da mosca chosca. Eran axudantes da BBS dentro do programa Lecturas compartidas.  Encantounos! Aínda máis cando vimos o que tiñan para nós ao final do conto. 😋








O pastel era de verdade!

E convidáronnos a comelo!
 Grazas: Julia, Gabi, Carlota, Paula, Uxía Lojo, Uxía Lorenzo e Marta. 😍

Mes da ciencia en galego: osiños de gominola

A ciencia é divertida! Unha vez que empezamos a experimentar  non hai parada 😉
Compartimos as anotacións que fixemos do noso segundo experimento no mes de novembro, empregando alimentos.


mércores, 12 de decembro de 2018

Mes da ciencia en galego: volcáns 4

E rematamos con cinco culleradas de bicarbonato.

Volcán 4 from Brea Segade on Vimeo.

Mes da ciencia en galego: volcáns 3

Este leva tres culleradas e media de bicarbonato.

Volcán 3 from Brea Segade on Vimeo.

Mes da ciencia en galego: volcáns 2

O noso segundo volcán levaba 2 culleradas de bicarbonato.

Volcán 2 from Brea Segade on Vimeo.

Mes da ciencia en galego: volcáns 1

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. A Biblioteca Brea Segade convidounos a experimentar nas clases con produtos relacionados coa alimentación e facelo empregando o método científico. Ao longo das últimas semanas na clase de terceiro estivemos observando, formulando hipóteses, experimentando, recollendo datos e elaborando conclusións. Nun dos nosos experimentos traballamos sobre os volcáns e o que acontece ao mesturar vinagre e bicarbonato. Elaboramos catro maquetas de volcáns e mesturamos o vinagre con diferentes cantidades de bicarbonato. Engadimos pintura para que quedara máis chulo :-) Este foi o primeiro.


Volcán 1 from Brea Segade on Vimeo.

Os abanos de Diego

Diego trouxo para ensinarnos unha colección de abanos moi especial, cada un deles ten unha reprodución dun cadro famoso. Son preciosos!










Tantas obras de arte déronnos que pensar e xa temos a cabeza dándolle voltas a un proxecto para a volta do Nadal: cadros, pintores, países...

Grazas, Diego por compartir os abanos da túa familia con nós!

Aniversario de Noela

Este luns foi o aniversario de Noela. Outra moza de 8 anos na clase! Noela tróuxonos para celebralo unhas galletas riquisimas que fixo coa súa nai. Demos boa conta delas, cantamos e turrámoslle das orellas 😃
Como nos gustan os aniversarios!

PARABÉNS, NOELA!

Graciñas polas galletas!

Parabéns para ti!

Pintaza!!!

Mmmmmm!


Grazas, Noela!