Amosando publicacións coa etiqueta Radio BBS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio BBS. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de xuño de 2019

Radio BBS emitindo

Aquí está a nosa última aventura, o programa que preparamos e gravamos no mes de xuño, estreando as "flamantes novas instalacións" da Radio BBS. Queda para o curso que vén aprender a editar e montar, pero vendo o ben que se vos dá ser locutores/as e técnicos/as de son, non hai fallo, ides aprender de contado. Desta vez montamos os profes do equipo de biblioteca. Tivemos que facer unha "trampiña", para que non houbera moita diferenza entre o gravado co equipo do estudo e o da gravadora. A ver se vós notades onde está a trampa, pero non o contedes 😉

Moi bo traballo, fixéstelo tod@s de marabilla. 
Grazas, unha vez máis, Emma e Carmen María.  
Para o curso que vén máis 😀
https://drive.google.com/file/d/1HuP1Rr_f-JpPdSXxKsQPELfWF6tlaB6q/view

                                              Profesións e alimentación

Visitade tamén a entrada no blogue da BBS.

mércores, 19 de xuño de 2019

Seguimos gravando!

Hoxe botamos boa parte da mañá na radio, rematando de gravar o que será o noso primeiro programa para a Radio BBS 😍
Ademais de falar e entrevistar a unha nova convidada, Emma, a nai de Diego, tamén probamos a levar a parte técnica da gravación e descubrimos que temos un bo feixe de técnicos e técnicas de son de primeira categoría! 
Foi moi emocionante e pasámolo moi ben.
Axexando 😉
 

Técnicas de son de toda a vida 😀


Profesionais
Grazas, Emma!

martes, 18 de xuño de 2019

Gravando!

Estamos a rematar o curso, pero non paramos de traballar 😃
Andamos metid@s na gravación dun programa de radio sobre alimentación e traballos relacionados con ela. De momento, despois de recoller a información, preparamos o guión do programa, convidamos a algúns familiares para entrevistalos e comezamos coas primeiras gravacións... Este luns estivo con nós Carmen María; foi a nosa primeira entrevistada. Molou!
Seguiremos contándovos.




Grazas!