A volta do teatro collemos de novo os nosos libros de A galiña azul e escollemos o conto ou o personaxe que máis nos gustou para ilustrar un marcapáxinas que levar co libro.
Quedaron así de chulos!
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Casares b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Carlos Casares b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 7 de xuño de 2017
Marcapáxinas da Galiña azul
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lecturas,
lemos
No teatro
Onte, no Auditorio de Rianxo, vimos a representación teatral de A galiña azul a cargo de Ubú Teatro. Estivo moi ben. Gustounos ver dramatizada a lectura que fixeramos na clase.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lecturas,
Letras Galegas,
teatro
domingo, 4 de xuño de 2017
A galiña azul
Seguimos lendo a obra de Carlos Casares e gozando moito cos seus personaxes e as súas historias. Deixamos a máis coñecida para o final:
A galiña azul
Pero tiñamos un bo motivo, o martes que vén iremos ao Auditorio de Rianxo e veremos a adaptación teatral de A Galiña azul pola compañía Ubú Teatro. Que sorte temos!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
contos,
lemos,
Letras Galegas,
teatro
luns, 22 de maio de 2017
Lolo anda en bicicleta
Seguimos descubrindo a obra de Carlos Casares. Despois de Toribio coñecemos a Lolo, e tamén nos gustou, moito, e nos fixo falar de bicis e de...trasnadas. Está claro que sabemos moito das dúas cousas. :-)
Para ver canto sabedes sobre a historia de Lolo entrade neste novo paquete de actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares, desta vez sobre a súa obra.
Para ver canto sabedes sobre a historia de Lolo entrade neste novo paquete de actividades do Seminario Galán sobre Carlos Casares, desta vez sobre a súa obra.
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lecturas,
lemos,
Letras Galegas
martes, 16 de maio de 2017
O Festival das Letras
Onte celebramos o Festival das Letras, que organizan o Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Música. Encheouse o auditorio de cantigas, unha mostra do moito que traballades e aprendedes nas clases de Música. Noraboa, artistas!
![]() |
| Preparad@s, |
![]() |
| List@s, |
![]() |
| Cantando! |
![]() |
| Artistaz@s! |
![]() |
| Segundo |
![]() |
| Terceiro |
![]() |
| Cuarto |
![]() |
| Quinto |
![]() |
| Sexto |
Etiquetas:
Carlos Casares,
Letras Galegas,
música
Este é Toribio
Este é Toribio, o de Carlos Casares, non o do noso entroido.
E estes son os inventos que máis nos
gustaron: o Lapis Ladrón, a Goma de Borrar Disparates, o Lingú, a
Pantalla Universal Chismorrosa, O Lapis das cousas imposibles e o
Telebrazo Global Laserizado.
E xa temos unha chea de inventos novos a dar voltas nas nosas cabezas. Seguiremos informando...
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lecturas,
Letras Galegas,
Plástica
Letras Galegas
Estivemos moi atarefados estes días a voltas coas letras... as Letras Galegas.
As nosas letras, cheas de cor e de vida ambientan a entrada da escola.
As nosas letras, cheas de cor e de vida ambientan a entrada da escola.
Etiquetas:
Carlos Casares,
creamos,
Letras Galegas,
Plástica
xoves, 11 de maio de 2017
Toribio
Estamos lendo a serie Toribio de Carlos Casares. Toribio é un neno de oito anos que fai inventos moi inxeniosos e que ten un inimigo malvado, o profesor Smith. Estamos lendo os cinco libros que forman a serie e descubrindo unha chea de inventos e ideas moi orixinais e divertidas. Toribio mola!
Etiquetas:
BBS,
biblioteca,
Carlos Casares,
lemos,
Letras Galegas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















































