sábado, 23 de setembro de 2017

Experimentando coas plantas

A día antes de rematar o verán iniciamos os noso experimentos con plantas. En grupos de tres imos observar:
- A xerminación dun garavanzo.
- Se da galla dunha planta pode saír unha nova planta.
- Os cambios nunha das árbores da horta ao cambiar as estacións.

Comezamos poñendo unha semente a xerminar nun vaso, entre algodóns humedecidos.









Despois cortamos cinco gallas do noso cóleo,  planta grande que temos na clase, e metémolas en auga.



E agora toca agardar e observar.... 😮



Ningún comentario:

Publicar un comentario